Inicio / Premios eTwinning 2010 / Maths and Earth, aplicación de las matemáticas a la realidad
.

Maths and Earth, aplicación de las matemáticas a la realidad

22 
Mar 
2010  |  

Título:Maths and Earth

Etapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Materia: Matemáticas / Ciencias

As aplicacións das Matemáticas á vida cotiá son enormes. É a conclusión á que chegaron os alumnos do IES Campos de San Roque, en Valverde de Leganés (Badaxoz) e os seus compañeiros polacos e franceses; descubriron a interrelación das Matemáticas con disciplinas tales como a Xeografía, a Física, ou a Arte. Tomando como punto de partida nove lugares de Europa considerados Patrimonio da Humanidade pola Unesco traballaron contidos curriculares de Matemáticas tales como sistemas de coordenadas, distancia entre dous puntos, construccións en 2D, circunferencia inscrita, circunferencia circunscrita, baricentro, trigonometría, etc. e abordaron  problemas clásicos e atractivos para os alumnos como O problema do Viaxante, Cantas cores son necesarias para colorear un mapa?, así como A medida da ciunferencia da Terra segundo Eratóstenes.

Maths_and_Earth

A selección dos lugares e o traballo con alumnos doutros países europeos  propiciou un mellor coñecemento de ditos  países, o desenvolvemento da competencia lingüística e ante todo, o uso de ferramentas TIC, sen dúbida, claves neste proxecto.

O profesor Juan Luis Salguero e os seus alumnos, xunto cos seus socios polacos e franceses, levaron a cabo un traballo colaborativo, cunha comunicación constante e fluída a través do TwinSpace, correo electrónico,  a rede social Ning e sesións de Chat con Skype. Da grande variedade de ferramentas TIC utilizadas,  destacan os programas informáticos de libre distribución: Google Earth para localizar os lugares; GoogleDocs para a edición e o intercambio de arquivos  e GeoGebra o WIRIS ambos sistemas de xeometría interactiva.

O proxecto publicouse nunha páxina web, moi ben estruturada por temas e presentada dunha maneira gráfica e atractiva.

Maths and Earth é un proxecto que, tendo como centro as Matemáticas, ten un marcado carácter interdisciplinar que permite coñecer a diversidade e a riqueza cultural europea. A calidade deste proxecto foi recoñecida co Premio Nacional eTwinning 2010.

Enlaces:
Web do proxecto

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Twitter Contacto Boletín mensual Lo más leído

jTweet

twitter Bird
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte | Instituto de Tecnologías Educativas | Contactar
C/ Torrelaguna 58. 28027 Madrid - Tlf.: 913 778 377, Fax: 913 680 709. NIPO: 820-10-018-4