Inicio / Premios eTwinning 2010 / Uniting through legends y la creación de cuentos colaborativos
.

Uniting through legends y la creación de cuentos colaborativos

17 
Mar 
2010  |  
(N/T)

Título: Uniting through legends

Etapa educativa: Terceiro ciclo de Educación Primaria

Materia: Interdisciplinar

Alumnos de sete escolas de Grecia, Portugal, España (CEIP Ramon Macip - Dolors Granés), Rumania, Polonia e Italia desenvolveron este proxecto co obxectivo de coñecer, comprender e respetar outras culturas, unido á práctica e mellora do inglés.

Uniting_through_legends

As tarefas de inicio estiveron encamiñadas a que os estudantes socios presenten o seu entorno, o centro escolar, la cidade e o país, o que lles permitiu ver e aprender sobre  as semellanzas e diferenzas entre eles.

O traballo principal e máis creativo foi unha serie de actividades sobre lendas e mitos dos países implicados: O galo de Barcelos, San Jorge, Dédalo e Ícaro, Hércules, O Rei Midas e moitos máis. En cada historia colaboraron tres grupos de diferente nacionalidade: un encargouse de redactar o texto, outro de ilustrala con imaxes e un terceiro de insertar a música.  Ó abrir a tapa do Twinspace, e ó contrario que da Caixa de Pandora,  van saíndo magníficos debuxos nos que os nenos despregaron toda a súa inspiración e fantasía.   De maneira sixela,  conseguiron acercar e compartir cos seus compañeiros a diversidade cultural e fomentar o sentimento de pertenza a un espazo común, Europa.

Aproveitando o interese que as lendas despertaron entre os alumnos españois, estes foron máis lonxe e fixeron dramatizacións para compartir co resto da Comunidade Educativa a súa experiencia.

Por último, é importante resaltar que o número de socios non supuxo inconveniente para conseguir unha estupenda organización do traballo no TwinSpace, o que unido á boa coordinación establecida permitiu conseguir os obxectivos propostos.

A chegada de Uniting through legends como finalista na Convocatoria de Premios Europeos eTwinningno  2010 é un recoñecemento á calidade deste traballo.


Enlaces:
TwinSpace público (plataforma TwinSpace antiga)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning
Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Subdirección General de Cooperación Territorial
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte Contactar
Los Madrazo, 15-17, 3ª planta, despacho 302. 28071 - Madrid Tel: 917018277.