Avaliación dun proxecto eTwinning
No
noso contexto escolar, podemos definir a avaliación como o proceso mediante o cal recollemos información de diversa índole para tomar decisións educativas axeitadas. Ten unha función pedagóxica, porque serve para mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe, e unha función valorativa, xa que tamén serve para constatar ou certificar o logro de determinadas aprendizaxes ó final dun periodo.
Á hora de decidir qué avaliar é necesario seleccionar unha serie de criterios e indicadores. No documento Criterios de avaliación para o selo de calidade podes ver os que utilizamos no Servizo Nacional de Apoio para valorar a concesión do selo de calidade. Pódeche resultar moi útil como guía á hora de expor as actividades durante a elaboración do proxecto, e ó final, para reflexionar sobre os obxectivos alcanzados.
Avaliación dos alumnos
Non sempre temos claro a priori qué tipo de actividade ou ferramenta vai funcionar na aula; de aí que resulte tan interesante a avaliación que os alumnos fan do seu propio traballo e das actividades en sí.
No proxecto Teaching each other os alumnos deixan as súas reflexións nunha presentación: qué é o que máis lles gustou, aprender idiomas, coñecer outras culturas ou falar cos amigos virtuais sobre os seus gustos e aficións. Son eles tamén quen valoran as ferramentas utilizadas.
En Getting Closer apóstase pola utilización dun cuestionario on line para descubrir a opinión dos nenos. Preguntas tales como, qué é o que máis che gustou ou outras específicas sobre a aprendizaxe do inglés, sumadas á posibilidade de deixar suxerencias, proporcionan unha información moi produtiva para avaliar o proxecto.
En ICT You and me os estudantes utilizan emoticonos, símbolos que resultan familiares e cercanos ós alumnos para expresar a valoración que lles merece cada actividade do proxecto. Este modo de avaliar resulta moi familiar e cercano ós alumnos. Se a isto se une o cuestionario incluído a continuación, onde se lles pide a súa opinión sobre o proxecto en xeral, as tarefas en particular, as ferramentas favoritas (que poden seleccionar dunha extensa lista: Quiz Revolution, SmileBox, Blabberize...), o resultado é unha avaliación moi completa.
Avaliación dos profesores
Outro valor engadido do documento de avaliación é o grao de difusión e transferibilidade que concede a un proxecto. Expoñer os logros e as dificultades atopadas e detallar o proceso non só serve para reflexionar sobre o proceso de ensino/aprendizaxe, senón que pode servir como referencia ou punto de partida para outros docentes menos experimentados, ou simplemente favorecer a reutilización de ideas que funcionan.
No proxecto My world, your world utilizan unha liña do tempo en Dipity para documentar o desenvolvemento do proxecto, unha idea moi práctica para analizar a temporalización de tarefas.
A avaliación de An ET (winning) project between us consiste nun documento extenso e detallado no que se reflicte a exposición e a filosofía tras cada actividade realizada no proxecto. Nel descríbense a integración no plan de estudos, os mecanismos de coordinación e colaboración entre os centros participantes, a exposición das ferramentas TIC necesarias para soportar as actividades, a opinión dos alumnos sobre varios aspectos, os beneficios e resultados.
En definitiva, o termo avaliación non indica un procedemento ou tipo de documento en concreto. Abarca desde un texto reflexivo por parte dos profesores participantes a unha enquisa realizada ós alumnos, pasando por unha valoración dos produtos finais ou unha concienzuda rúbrica. En calquera caso, tras meses de traballo nun proxecto, debemos buscar unha fórmula que permita analizar as decisións tomadas e os resultados alcanzados. A avaliación resultará útil tanto para mellorar o deseño das actividades en posteriores ocasións como para que outros docentes poidan aprender da túa experiencia.
Recomendacións
- Decálogo para la supervivencia de un equipo eTwinning
- Publicación 'Un viaje por eTwinning'
- Invita a profesores de eTwinning Plus a participar en tu proyecto
- Equipos de centro eTwinning: informe 2012
- La implicación de los directores en los proyectos eTwinning
- Novedades en el Escritorio eTwinning
- eTwinning y la consecución de las competencias básicas
- Requisitos y procedimientos en la concesión de Sello de Calidad Europeo 2012
- ¿Has evaluado ya tu proyecto eTwinning?
- Implicar a las familias en un proyecto eTwinning







