Inicio / Ideas / Perlas / Actividades colaborativas para Lingua e Sociais
.

Actividades colaborativas para Lingua e Sociais

30 
Maio 
2011  |  

sombraComo xa vos fomos contando,  dentro do encontro multilateral eTwinning 2011: Colaboramos en español, organizado en Madrid polo Servizo Nacional de Apoio, impartíronse varios talleres.  Hoxe publicamos as actividades colaborativas propostas en  “Lingua e Sociais, coas mans na masa”.

Á hora de planificar actividades colaborativas suxerímosvos dúas ideas clave: elixir as ferramentas TIC axeitadas, as que de forma natural propicien a participación dos alumnos, e pensar en multimedia. O texto non sempre é a mellor opción para traballar contidos; vídeo, podcasts e fotos motivan ós alumnos e favorecen a súa creatividade.

 

 

A revista escolar é un modelo de proxecto xa contrastado. Anima ós alumnos á investigación e traballa a capacidade de expresión e argumentación. Ben utilizada, pode implicar ademais un alto grao de colaboración. Para isto, é moi importante "xogar" a ser periodistas, expoñer unha redacción real na que os alumnos teñan distintos roles segundo os seus intereses e capacidades: redactor, fotógrafo, corrector, documentalista, deseñador. editor... Buscando a interacción entre os alumnos, ¿por que non organizar reunións de traballo a través de Skype?

miniclub

A segunda proposta é a creación de rutas turísticas temáticas. Unha mesma cidade pode recorrerse seguindo as palabras dunha novela ambientada nela, as fachadas modernistas ou as ruinas romanas. Cando falamos de itinerarios, debemos falar de mapas e xeolocalización: Google Maps

Por último, ¿cómo presentar un club de lectura a alumnos do século XXI? Trailers de novelas, vídeo-criticas literarias e comentarios de propia voz con VoiceThread. Ler non ten por qué ser unha actividade individual.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning
Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Subdirección General de Cooperación Territorial
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte Contactar
Los Madrazo, 15-17, 3ª planta, despacho 302. 28071 - Madrid Tel: 917018277.