Contar historias con Storybird
En eTwinning sabemos que o traballo colaborativo non sempre é doado. Fai falta botarlle imaxinación e esforzo para traballar con outros sen caír no traballo en paralelo. Por iso queremos axudarvos propoñendo ferramentas TIC pensadas para traballar en equipo.
Nesta liña está Storybird, unha ferramenta para crear historias gráficas entre varios participantes. Permite crear a historia, publicala na súa web, construír listas de lectura coas nosas historias favoritas, deixar comentarios... Pero sobre todo, organizar o traballo en colaboración, establecendo turnos para que a historia avance. Coma nun xogo de mesa, cada xogador fai o seu movemento e agarda a que o compañeiro faga o seu.
Storybird Quick Tour from Storybird on Vimeo.
No blog de eTwinning Reino Unido amósannos o bonito traballo de Fiona joyce con Storybird. Na súa wiki colgou contos feitos con esta ferramenta en alemán, francés e español.
Máis ferramentas TIC
- Realidad aumentada en educación
- Ingenio y talento eTwinning: Sync.in para escritura síncrona colaborativa
- Herramientas web 2.0 en la enseñanza audiovisual
- Ensinar o teu proxecto...¡máis doado imposible!
- Deseña os teus propios libros dixitais
- Desarrolla a túa creatividade cos mapas mentais 2.0
- Fakebook, una herramienta muy versátil
- Deseña actividades interactivas con LIM
- ¡Introduce o vídeo na aula!
- Crea avatares con Oddcast PhotoFace







