Actividades de colaboración con Voicethread
Voicethread é unha ferramenta para elaborar presentacións nas que poden combinarse imaxes, documentos e vídeos. A posibilidade de engadir comentarios ás diferentes páxinas da presentación en formato de texto, audio ou vídeo, convírtena nunha excelente aplicación para o desenvolvemento de traballos colaborativos.

No proxecto Let’s give Breath to Earth!, levado a cabo por catro centros de Polonia, Grecia e Reino Unido, podemos ver un exemplo da súa funcionalidade. Neste caso Voicethread permitu que nenos de entre 5 e 7 anos, non só crearan unha historia conxunta mediante ilustracións, senón que ademais eles mesmos compartiran cos seus compañeiros o que cada unha das viñetas lles suxería, nas súas diferentes linguas maternas. Un traballo precioso, sen dúbida.
Ademais, Voicethread soporta arquivos PDF, de Microsoft Word, Excel e PowerPoint e puede incluso importar imaxes de Flickr e Facebook.
Para saber máis sobre Voicethread podes visitar a súa web oficial e o seguinte titorial.
Artigos relacionados
Máis ferramentas TIC
- Realidad aumentada en educación
- Ingenio y talento eTwinning: Sync.in para escritura síncrona colaborativa
- Herramientas web 2.0 en la enseñanza audiovisual
- Ensinar o teu proxecto...¡máis doado imposible!
- Deseña os teus propios libros dixitais
- Desarrolla a túa creatividade cos mapas mentais 2.0
- Fakebook, una herramienta muy versátil
- Deseña actividades interactivas con LIM
- ¡Introduce o vídeo na aula!
- Crea avatares con Oddcast PhotoFace







