Presentación 3
De eTwinning
Volver á Unidad 3
Unidade 3. Rexistro e escritorio.
Nesta Unidade abordaremos cómo realizar o rexistro no directorio de eTwinning, asà como a utilización dunha plataforma virtual chamada "Escritorio de eTwinning".
Os tutoriais que atoparás aquà refÃrense á plataforma real. Non obstante, a de prácticas é idéntica. Esta plataforma, o Escritorio, permitiranos levar a cabo diversas tarefas:
- Un dos obxectivos é atopar profesorado co que poidamos asociarnos, polo que se nos facilitarán ferramentas de busca e de comunicación con outros docentes europeos.
- Outra das funcións que ten o escritorio de eTwinning é xestionar o noso perfil, é dicir, cambiar aqueles datos que utilizamos ao inscribirnos ou engadir algúns novos (unha fotografÃa nosa, un cambio de centro, cambio de expectativas de proxecto, etc.)
- Unha última utilidade que destacamos do Escritorio de eTwinning é a posibilidade de xestionar os proxectos que xa inscribiramos. Poderemos acceder aos datos de cada proxecto que xa esteamos realizando, asà como a outras plataformas virtuais propias de cada proxecto.
A continuación, aquà tes os documentos que atoparás nesta unidade:
- Documentos 3.a: Opción real - Opción de prácticas: Algunhas indicacións que che poden axudar a decidir sobre qué opción elexir.
- Documentos 3.b: Rexistro: Instruccións detalladas sobre cómo rexistrarte en eTwinning.
- Documentos 3.c: Escritorio: Titorial sobre o manexo das ferramentas do escritorio
- Documentos 3.d: Preguntas Frecuentes: Respostas a algunhas das preguntas que habitualmente surxen sobre o proceso de rexistro e o manexo do escritorio.
- Documentos 3.e: Coñecer compañeiros, atopar socios: Indicacións sobre ónde e cómo coñecer a outros compañeiros e decidir quén pode ser o socio axeitado para o noso proxecto.
| Volver a la Unidade 3 | Siguiente: Documentos 3.a: Opción real - Opción de prácticas |
