Presentación 2
De eTwinning
Volver á Unidade 2
Portais
Os contidos e ferramentas de eTwinning organÃzanse en tres niveis con distintos graos de acceso e privacidade. En primeiro lugar, atopamos os portais, tanto o do Servizo Central de Apoio (http://www.etwinning.net/[1]) como o do Servizo Nacional de Apoio (http://www.etwinning.es/[2]). Son abertos, con acceso para calquera usuario, estea ou non rexistrado en eTwinning. Seguidamente, atopámonos co Escritorio, ó que só poden acceder profesores rexistrados. Por último, TwinSpace, reservado para os participantes nun proxecto concreto.
Nesta unidade analizaremos os portais públicos e veremos de que xeito están organizados os contidos para poder sacarlles o máximo proveito posible e aprender a navegar facilmente por eles. Os outros dous niveis estudarémolos nas seguintes unidades do curso.
Os portais teñen tres obxectivos básicos: a información, o asesoramento e a visibilidade. Neles publÃcanse noticias e novidades relacionadas con eTwinning, mantendo ós usuarios ó dÃa do que ocorre no programa. Tamén se ofrecen documentos, guÃas e ideas que poidan servir de orientación e axuda para os profesores que queiran iniciar ou estean traballando en proxectos eTwinning, asà como medios de contacto cos Servizos Central e Nacional. En terceiro lugar, os proxectos que acreditan certo nivel de calidade son publicados nos portais e organizados en galerÃas: proxectos con Premios nacionais ou europeos, Selos de Calidade, outros proxectos que merece a pena difundir... Ademais, hai entrevistas a profesores, blogs, etc. Tanto as galerÃas de proxectos como as opinións dos usuarios serven para dar visibilidade ás boas prácticas e son unha fonte de inspiración e ideas para outros profesores.
A continuación, analizaremos a estrutura e organización do portal do Servizo Nacional de Apoio (SNA) e o do Servizo Central de Apoio (SCA). Dividiremos os contidos en catro apartados:
| SNA | SCA |
| Página de Inicio. Información y noticias | Información y noticias |
| Proxectos | Herramientas de búsqueda de proxectos |
| Ideas | Ideas y experiencias |
| Formación | Desenvolvemento Profesional. Asesoramiento y ayuda |
Tamén veremos algunhas funcionalidades non incluÃdas nestes apartados.
Ten en conta que tanto o portal europeo coma o español están nun proceso continuo de revisión e mellora. Por iso, é posible que algunhas das imaxes que vexas nesta unidade non se correspondan exactamente co que aparece nas webs.
O primeiro que che chamará a atención cando visites e navegues polos dous portais é o seu deseño, é totalmente diferente. Non obstante, a información que conteñen correspóndese.
Nesta unidade, os contidos referentes ó portal do Servizo Nacional de Apoio aparecen antes que os do portal do Servizo Central de Apoio. AÃnda que nalgúns casos faise referencia a este último sen ter feito o percorrido por el, non vas atopar ningunha dificultade para seguir os devanditos contidos.
| Volver á Unidade 2 | Siguiente: Documentos 2.a: Portal do Servizo Nacional de Apoio |
