Documentos 5.b: Acceso Twinspace do proxecto

De eTwinning

Volver á Unidade 5


Unha vez aprobado un proxecto, é o momento de entrar por primeira vez ó TwinSpace. Hai varias formas de acceso.


PARA UN PROFESOR SOCIO DO PROXECTO:

Accede ó Escritorio eTwinning coas claves de acceso habituais.  

a) Desde o lateral esquerdo do meu Escritorio eTwinning, na pestana Perfil, seleccionando o proxecto ó que quero entrar e pulsando sobre TwinSpace.
      

    
b) Desde a sección "Proxectos", no enlace correspondente da columna "Accións"
               
   

SE NON ES SOCIO DO PROXECTO, SÓ MEMBRO DO TWINSPACE: Este é o caso dos alumnos, de docentes colaboradores e doutros membros...

c) Pulsando directamente sobre o enderezo: http://new-twinspace.etwinning.net/

Unha vez alí, introdúcese o nome de usuario e contrasinal cos que lle deron de alta no TwinSpace INICIAR SESIÓN (Documentación 6.c. Alta de usuarios).



A partir dese momento, éntrase no TwinSpace.

Se un usuario ten varios proxectos, pode entrar en calquera dos TwinSpace dos que é membro. Na imaxe, o usuario ten 7 TwinSpace.



Unha vez dentro, desde o enlace da parte superior dereita, apartado A MIÑA CONTA, pode xestionar todas as preferencias de configuración: hora, día, mes, mensaxe de benvida, nome de usuario para entrar no TwinSpace, idioma... e incluso subir unha fotografía para completar o perfil.


   
Ferramentas persoais
Contacto