Documentos 5.a: ¿Qué é o TwinSpace?

De eTwinning

Volver á Unidade 5

O TwinSpace é o lugar de traballo dos centros socios do proxecto, o espazo no que se desenvolven as actividades planificadas. Alumnos e profesores son os principais usuarios do TwinSpace; poden contribuír nel dependendo do perfil de acceso de cada un.

O TwinSpace é un espazo privado, ó que só poden acceder aquelas persoas que fosen dadas de alta polos administradores. Está pensado para que tamén inclúa entre os seus membros a persoas que non están rexistradas na plataforma eTwinning, o que permite que alumnos, pais ou outros profesores traballen no proxecto ou vexan o que está sucedendo nel.

A imaxinación dos coordinadores do proxecto, unha boa planificación inicial do mesmo así como as tarefas que se desenvolven, son factores que consiguen que os alumnos se impliquen desde o principio nun traballo común.

O contido do TwinSpace pode facerse público na súa totalidade ou parcialmente, segundo a vontade dos responsables.

Vimos nas unidades anteriores que a cor que identifica ó Escritorio persoal do profesor é o laranxa; neste caso, a cor que identifica ó TwinSpace é o azul. Aquí debaixo tes algúns exemplos do aspecto que ten a parte pública dalgúns TwinSpace de proxectos xa rematados. Se picas nos enlaces poderás navegar polas diferentes páxinas de actividades.




                                                 http://new-twinspace.etwinning.net/web/p16724/home



                                          http://new-twinspace.etwinning.net/web/p34220/welcome



                                                http://new-twinspace.etwinning.net/web/p36727/welcome



Observa que no lateral esquerdo das tres imaxes aparece un índice de actividades cuns títulos que non ofrecen detalles que identifiquen ó país membro autor das mesmas. Son páxinas de actividades de colaboración nas que participaron os socios do proxecto. Poden organizarse por temas, por grupos, periodos históricos, etc. A forma de presentar as páxinas de actividades teñen que acordala os socios do proxecto.

Nestes exemplos hai unha larga lista de páxinas de actividades; porén, cando se accede por primeira vez ó TwinSpace, o aspecto que ofrece é ben diferente ós de arriba; todo está por facer e pode resultar algo desolador.





O espazo correspondente a Actividades está baleiro; é o momento de iniciar unha aventura de colaboración entre profesores e alumnos de países diferentes que se van enriquecer mutuamente.

Así mesmo, a primeira vez que accedas ó TwinSpace, -case seguro-, éste pode presentar algúns vocablos en inglés. Isto non ten que supor ningún problema para os docentes que descoñezan ese idioma. Máis adiante, indicamos cómo seleccionar o idioma do Twinspace segundo o desexo de cada usuario (Ir documentos 5.c) .

Nota: a plataforma eTwinning está en continua actualización, de aí que en ocasións, a tradución dos textos non sexa simultánea ás melloras técnicas que se introducen.


Ferramentas persoais
Contacto