Documentos 4.b: Cómo rexistrar un proxecto
De eTwinning
Volver á Unidade 4
Cómo registrar un proyecto
Para rexistrar un proxecto é necesario que teñas ó profesor co que desexas facelo en Os meus contactos.
Unha vez feito isto, poderás dar de alta o proxecto.
Para isto, fai click en Os meus proxectos
e a continuación en:
Aparecerá a seguinte ventá:
Selecciona de entre os centros escolares que tes no teu perfil, aquel co que queres desenvolver o proxecto. Fai clic no PASO SEGUINTE.
Aparecerache a lista dos teus contactos. Xunto ó seu nome, na columna Accións hai unha casa que che permitirá seleccionar o contacto co que desexas facer o proxecto. Recorda que para iniciar un proxecto só podes seleccionar un contacto. Se queres que participen máis, debes esperar a que o proxecto sexa aprobado e entón engadilos como "socios anexados".
Fai click en Seguinte na parte inferior da pantalla e abrirase o formulario para introducir todos os datos do proxecto:
Despois de encher todos os campos, debes facer clic en Vista preliminar, apareceranche todos os datos que enchiches. O formulario ofréceche a posibilidade de Modificar ou Enviar. Despois pulsar en Enviar o proxecto queda rexistrado á espera de que o teu socio o acepte. Unha vez aprobado o proxecto, estes campos siguen sendo modificables, o que che permitirá revisalo segundo vaia desenvolvéndose.
Ó teu socio apareceralle unha mensaxe no escritorio no que se lle pide que acepte a invitación. Se é o teu socio o que che enviou a proposta, serás ti quen reciba esta notificación. En todo caso, unha vez aprobado o proxecto, ambos poderedes anexar novos socios e modificar os datos iniciais.
Tamén terá a petición na pestana Proxectos, estado Pendente.
En calquera dos dous sitios pode aceptar ou rexeitar a invitación.
Ademais, cando un socio rexistre un proxecto, o segundo socio fundador recibirá unha mensaxe de correo electrónico informándolle diso para que entre no seu Escritorio persoal e acepte o proxecto.
Unha vez feito iso, chegará a notificación ó Servizo Nacional de Apoio eTwinning e á túa Comunidade Autónoma, que será quen lle dea o visto e prace. Unha vez cumprido ese procedemento, poderedes empezar a traballar.
O proxecto teno que aprobar os dous Servizos Nacionais de Apoio dos dous paÃses fundadores e o tempo que require este proceso é distinto dun paÃs a outro; cumprido este trámite, automáticamente se xerará o espazo de traballo en colaboración chamado TwinSpace, que analizaremos en detalle nas dúas próximas unidades. Xa podedes empezar a traballar xuntos.
Nota importante:
Para que se aprobe un proxecto, é necesario que a Dirección do Centro Escolar dea o visto e prace.
Cando o SNA recibe unha solicitude de aprobación, envÃanse dúas mensaxes de correo electrónico; unha deles está dirixida ó docente que rexistra o proxecto e o outro á Dirección do Centro Escolar.
O primeiro é un recordatorio do procedemento de aprobación e o segundo contén o texto que debe aprobar a Dirección e as instrucións para enviar dita conformidade. Accede regularmente ó teu correo electrónico e pon sobre aviso ó Director/a para que comprobe as mensaxes recibidas.
No caso de que estas mensaxes non cheguen ou os datos que conteñan sexan erróneos, debes poñerte en contacto co representante eTwinning na túa Comunidade Autónoma.Representante na CA.
A documentación contida neste apartado queda resumida na seguinte animación:
| Volver á Unidade 4 | Siguiente: Documentos 4.c: Xestión de proxectos |



