Documentos 3.e: Coñecer compañeiros, atopar socios
De eTwinning
Volver á Unidade 3
Índice |
Coñecer compañeiros, atopar socios
eTwinning é unha comunidade de profesionais con miles de docentes de 32 países europeos. É o lugar perfecto para coñecer a outros compañeiros, intercambiar ideas e experiencias, discutilas e desenvolver proxectos con eles. Onde e como atopalos?
Lugares de encontro: Grupos eTwinning, Encontros Didácticos, Blog dos Profesores
Estas ferramentas ofrecen aos profesores lugares nos que reunirse arredor dun tema de interese común. Alí atoparás unha variedade de actividades centradas neses temas (foros, arquivos, chats, actividades de apredizaxe…). Por outro lado, detectar unha preocupación profesional común e traballar sobre ela desde o principio é unha forma perfecta de atopar un socio e iniciar un proxecto.
| Qué é: | Qué podes facer: | |
| Grupos eTwinning | Comunidades de profesores centradas nun tema concreto. Teñen foros, repositorio de arquivos, chats… Os temas e os moderadores son propostos polo Servizo Central de Apoio e polos Servizos Nacionais. Nun futuro próximo, os profesores poderán abrir os seus propios grupos. | Discutir ideas, compartir experiencias, atopar consellos para desenvolver o tema tratado nos teus proxectos e na túa práctica docente habitual. |
| Encontros Didácticos | Encontros virtuais curtos e intensivos sobre diferentes temas. Están conducidos por expertos e inclúen traballo activo e debates entre os profesores. | Desenvolver as túas destrezas, aprender novas técnicas e ferramentas para usar na tua práctica docente, axudado por expertos e en compañía de máis profesores. Algúns destes Encontros teñen un límite de prazas, así que asegúrate de comprobar de vez en cando a sección de “Desenvolvemento profesional” no portal do SCA. |
| Blog dos profesores | No portal do SCA existe un blog feito por e para profesores de eTwinning. Podes acceder a http://blog.eun.org/etwinning/ (blog do SCA). As entradas poden facerse en inglés, francés, alemán, italiano ou español. | ¡Adiante! Le, comenta, publica… Seguro que atoparás debates e entradas interesantes.
|
Explorando ideas: galerías, conectando opinións
Os perfís dos profesores non é o único que podes ver e explorar en eTwinning. Tamén podes acceder a moitos exemplos de boas prácticas, propostas e ideas para proxectos, etc. En moitos casos, os usuarios poden valoralas, de forma que compartirán as súas opinións co resto da comunidade. Sinxelamente, explora un proxecto que che pareza atractivo e, entón, poderás contactar cos profesores que participaron nel. Ou atopa unha idea que che resulte interesante e mira quén comparte a túa opinión. Tamén, deixa os teus comentarios e valoracións; desta forma, outros usuarios poderán “seguirche o rastro”. É un bon punto de partida para establecer contacto con alguen e ver a posibilidade de iniciar un proxecto.
| Qué é: | Qué podes facer: | |
| Galerías, buscadores de proxectos | As boas prácticas fanse públicas e difúndense en eTwinning, tanto no portal europeo como no do SNA. Tamén atoparás ferramentas de busca para localizar proxectos usando diferentes filtros (con twinspace público, idade, materia, idioma…). | Navega polos proxectos e bótalles un vistazo. Non só atoparás moitas boas ideas, senón tamén aos profesores que as tiveron. Se un proxecto che resulta atractivo, sexa pola súa temática ou pola forma na que se organizou o traballo, non dubides en contactar cos profesores. Pode que estean desexando empezar un similar. |
| Kits | Os Kits e Módulos son ideas para proxectos e actividades. Podes encontralas nos portais español e europeo. No teu perfil podes marcar se queres empezar un proxecto usando un dos kits dispoñibles. Tamén poden ser valorados polos profesores. | A través do buscador de socios podes encontrar outros profesores que queiran traballar co mesmo kit ca ti. Tamén podes ver as valoracións que un kit recibiu e quén as fixo (ou valoralo ti). Así, podes atopalo e contactar con profesores que comparten a túa opinión sobre calquera kit ou módulo en particular. |
| “eTwinning e eu: o meu Diario" | Cuando accedes ó perfil dun profesor, en “ o meu Diario” podes ler as súas ideas sobre a súa participación en eTwinning e o seu proxecto | Segundo o contido do Diario, podes facerte unha idea máis acertada dos intereses e a forma de traballar dun profesor. Se che gusta a súa idea de proxecto, fai clic no botón “Gústame”. Isto non implica que teñas que empezar ese proxecto con ese profesor. É tan só unha forma de decirlle ó resto de usuarios que che gusta a idea, e de incluírte nunha lista de profesores que comparten a túa opinión. Tamén podes escribir un comentario. |
Buscando socios: buscadores, foro
Se estás buscando un posible socio, ten en conta que non todos os profesores de eTwinning participan nos grupos, aparecen nas galerías ou poden ser localizados a través das súas opinións. Tamén, pode que teñas unha idea moi definida das características do proxecto que queres facer: o país ou a cidade do teu futuro socio, idade e materia… Ou quizás, queres ir ao perfil de alguén que coñeces (virtualmente ou en persoa) e engadilo ós teus contactos. Para todo isto, as seguintes ferramentas seranche especialmente útiles.
| Qué é: | Qué podes facer: | |
| Buscador de socios | Desde o teu escritorio, podes acceder a esta ferramenta na pestana “Busca de socios”. Na busca básica, podes introducir o nome dun profesor, dunha escola, ou calquera outra palabra clave. Na busca avanzada, atoparás varios filtros que poden combinarse, incluíndo o uso dun kit (como explicamos arriba).
| Como resultado da busca, obterás todos os usuarios de eTwinning que coincidan cos teus filtros. Bótalle un vistazo á lista, ou introduce máis filtro se tes demasiados resultados. Poderás invitar a calquera profesor da lista a ser parte dos teus contactos. Usa esta ferramenta tamén se queres engadir a unha persoa en particular. |
| Buscador Comenius | Na pestana 'Atopar socios' podes marcar se queres iniciar un proxecto Comenius distinto a eTwinning. Se picas sobre “Dispoñible para un proxecto Comenius”, aparecerache un listado dos profesores dispoñibles. | Hai moitas posibles interaccións e sinerxías entre eTwinning e outras accións Comenius. Pode que queiras empezar unha asociación Comenius, sexa aparte ou unida dalgunha maneira con eTwinning. Se é así, esta é unha magnífica ferramenta para atopar socios. |
| Foro | Na pestana de 'Atopar socios' tes acceso a un foro. Alí, os profesores publican as súas ideas e propostas de proxecto. Como verás, o foro é bastante activo e aparecen novas entradas constantemente. Se picas sobre un tema, irás ao texto completo e a un enlace ao perfil do profesor. Tamén podes filtrar as entradas por palabras clave. | Se tes unha idea para un proxecto e non queres esperar a que outros profesores visiten o teu perfil, publícaa aquí, ou navega polas entradas e contesta a aquelas que che parezan interesantes. Tamén podes ir ao perfil do profesor en cuestión e escribirlle un correo. |
Algúns consellos: non sempre é chegar e bicar o santo
Como en calquera outra comunidade, hai regras de comportamento que son aconsellables seguir. Por outro lado, non todos os profesores cos que contactes teñen por qué ser o socio “perfecto” para o teu proxecto. De feito, podes coñecer profesores cuxo trabajo che guste, ou cos que compartas opinións ou intercambies material e, non obstante, poden non ser unha boa opción para iniciar un proxecto; quizás a idade dos vosos alumnos, as materias ou o tipo de proxecto que pretendedes facer non son compatibles. Se paciente e no te precipites: tarde ou cedo atoparás a alguén con quen poidas traballar. A continuación tes algúns consellos para axudarche a contactar con compañeiros e encontrar un socio:
- Non engadas a ninguén sin comunicación previa: Se encontras a alguén con quen che gustaría traballar, non comeces enviándolles unha invitación para ser parte dos teus contactos. Antes diso, intenta establecer algún tipo de comunicación e comproba que o outro profesor tamén está interesado. Podes facelo nos Grupos ou nos Encontros Didácticos, contestando a unha entrada no foro, ou enviándolle un correo electrónico.
- Ten en conta as diferenzas culturais: Ten cuidado coas diferenzas culturais entre todos os participantes. Un mesmo texto pode ser considerado demasiado formal ou demasiado informal en distintos países, e palabras como “pronto” poden ter un amplo abano de significados máis alá da súa tradución literal. Se claro e razonablemente amable cando escribas e, se les algo que non entendas ou non che guste, pide que cho expliquen antes de xulgar (¡e estate preparado para que cho pidan!)
- Respecta os teus compromisos: Se decidides prazos para enviar documentos ou contestar mensaxes, intenta respectalos. Se non podes, polo menos escribe unha mensaxe ao teu contacto comunicándollo. E se finalmente decides que non queres traballar con ese profesor, se claro e dillo. Isto é moito mellor que deixalo esperando a túa próxima mensaxe.
- Navega por toda a información dispoñible: Cando leas unha idea que che guste, explora os proxectos nos que ese profesor estivese implicado; comproba cántos son, cómo traballa… Isto darache unha visión concreta de cómo esa idea se materializa.
- Encontra as coincidencias: Atopaches un posible socio e os dous queredes traballar xuntos. Antes de comezar “en serio” co proxecto, hai unha serie de cuestións que debes ter en consideración. As respostas a estas cuestións no teñen por qué ser idénticas, pero, polo menos, deben ser complementarias, de forma que permitan o traballo en colaboración entre os socios. A continuación, suxírense algunhas destas preguntas. Quizás, elaborar e intercambiar un cuestionario a partir delas permitirá aclarar moitas dúbidas desde o principio:
- ¿En que temas queremos traballar xuntos?
- ¿Que obxectivos quero alcanzar co meu proxecto eTwinning? ¿Que obxectivos temos en común?
- ¿Temos un enfoque pedagóxico similar?
- ¿En que idioma(s) podemos comunicarnos? ¿E os nosos alumnos?
- ¿Coñezo o sistema escolar do meu socio? ¿Coinciden o tipo de centro e os cursos?
- Se o proxecto vai durar máis dun ano ¿exporémolo para distintos grupos de alumnos ou para o mesmo?
- ¿Que resultados finais buscamos?
- ¿Que vacacións temos cada un? ¿É posible o traballo conxunto?
- ¿Canto tempo á semana / ano queremos adicar ao proxecto?
- ¿Que ferramentas TIC queremos usar para o traballo en colaboración entre os alumnos?
- ¿Como implementaremos o proxecto na aula? ¿E como faremos que os alumnos participen?
- ¿Como podemos poñernos en contacto fácil e rapidamente?
- ¿Que canles de comunicación queremos empregar (correo electrónico, teléfono, chat…)?
¿Estás listo? ¿Conociches xente interesante e, entre eles, a un posible socio? ¿Estades de acordo en traballar xuntos e vistes que é posible? Entón, é o momento de comezar a traballar no voso proxecto ¡Boa sorte e bo traballo!
| Volver á Unidade 3 | |
