Documentos 3.a: Opción real - Opción de prácticas
De eTwinning
Volver á Unidade 3
Opción real fronte a opción de prácticas (ficticia)
Nesta unidade tes que decidir entre dúas formas de continuar o curso. Por un lado, podes rexistrarte na plataforma real de eTwinning (http://www.etwinning.net o http://www.etwinning.es). Por outro, podes proseguir na plataforma de prácticas (http://training.etwinning.net). Na axenda atoparás as distintas actividades que debes realizar segundo a opción.
Antes de decidir, hai algúns aspectos que é conveniente que teñas en conta.
Cambio de opción
En calquera momento do curso podes cambiar da opción de prácticas á real, ou ao revés se o teu titor considera que che queda o tempo suficiente de curso. Se realizaras ese cambio, non terÃas que volver facer as unidades que xa tiveras superadas; incorporarÃaste no mesmo punto no que deixaches a outra opción, aÃnda que ha algunhas actividades que probablemente deberás repetir por razóns operativas (por exemplo, rexistrarte ou engadir un contacto para poder iniciar un proxecto).
Datos de rexistro
A plataforma de prácticas é unha copia da real e ten as mesmas funcionalidades e ferramentas. Non obstante, cando te rexistras, os teus datos non se suman á base de datos de eTwinning. Non podes buscar socios nin iniciar proxectos reais desde alÃ. Para cando queiras facelo, terás que repetir o proceso na plataforma real.
Se optas pola vÃa real, serás parte da comunidade eTwinning.O teu rexistro someterase aos procesos de verificación habituais, polo que debes introducir os teus datos reais. Se non coñeces todos os datos no momento de inscribirte, recorda que posteriormente poderás modificar o teu perfil e engadilos. Se na túa Comunidade Autónoma existen direccións de correo institucionais para os docentes, é conveniente que sexa esta dirección a que uses no teu rexistro.
Busca de socios
Na opción de prácticas tes que simular unha asociación co teu titor. Isto supón que, unha vez feitas as actividades marcadas na axenda, podes iniciar o proxecto inmediatamente. Porén, se estás facendo a opción real, debes ter en conta que a busca dun socio e a planificación común do proxecto poden levar algún tempo. En certos aspectos, se elixes a vÃa real os tempos e contidos dalgunhas actividades dependerán tamén do teu socio.
Asociación
Na opción de prácticas, as actividades das unidades 4, 5 e 6 debes facelas ti só, aÃnda que contas coa axuda e orientaciónns do titor. Se elixes a opción real, terás que chegar a acordos co teu socio, pero el mesmo pode servirche de inspiración e axuda nas actividades que debes entregar; os contidos do proxecto (Unidade 4), a actividade de traballo en colaboración (Unidade 5) e o deseño dunha páxina de actividades no TwinSpace (Unidade 6).
Ademais desta axuda do teu socio, se inicias unha asociación real estarás acompañado e asesorado polo Servizo Nacional de Apoio e polo teu propio titor, o que pode resultar bastante útil e interesante para un primeiro proxecto en eTwinning.
Que elixir?
Non hai unha opción mellor que a outra; depende dos obxectivos e as circunstancias de cada un. Se dubidas entre cal elixir, podes consultalo co teu titor. Como orientación, suxerimos unha serie de factores que poden axudarche a decidir entre unha ou outra opción. É posible que coincidas ou, cando menos, te identifiques máis con algúns deles.
| | |
| Xa estaba rexistrado en eTwinning con anterioridade, e incluso é posible que teña a miña propia lista de contactos ou xa iniciara algún proxecto. | Non teño ningunha experiencia neste tipo de proxectos nin en TIC. AÃnda non me atopo seguro no manexo de ferramentas básicas tales como o correo electrónico. |
| Teño tempo para realizar as actividades regularmente, incluÃndo a comunicación co meu futuro socio, sen máis prazos que os que marca o propio curso. | Por distintas razóns, non podo dedicarlle ao curso todo o tempo previsto e debo empezalo máis tarde, rematalo antes dos prazos establecidos ou non traballarei nel de forma regular. |
| Teño unha idea clara do tipo de proxecto que quero facer, dos seus contidos e obxectivos, aÃnda que logo poida negociar co meu socio. | Cheguei á Unidade 3 e aÃnda non sei sobre qué temas me gustarÃa traballar. |
| Gústame eTwinning e quero facer un proxecto, sexa agora ou ao rematar o curso de formación. |
Non acaba de convencerme o programa e aÃnda non vexo as vantaxes dun proxecto eTwinning na miña práctica docente. |
Podes empezar por rexistrarte na plataforma de prácticas e posteriormente, ver a conveniencia de facela na real.
Volver a la Unidade 3 Siguiente: Documentos 3.b: Rexistro
