Documentos 2.b: Portal do Servizo Central de Apoio
De eTwinning
Volver á Unidade 2
Servicio Central de Apoio: www.etwinning.net
A documentación correspondente a este apartado queda resumida nas seguintes animacións:
Animación Flash 'Web do SCA - Información e noticias'.
Animación Flash 'Web do SCA - Ideas e experiencias'.
Animación Flash 'Web do SCA - Asesoramento e axuda'.
Animación Flash 'Web do SCA - Busca de proxectos.
Animación Flash 'Web do SCA - Outros elementos da portada'.
Índice |
1. Información e noticias
1.1 Noticias: No menú despregable de NOTICIAS inclúense novidades e informacións adicionais sobre eTwinning:
1. Noticias. Trátase dunha sección cun historial de noticias publicadas.
2. Entrevistas. Un recompilatorio de entrevistas a persoas relevantes.
3. Boletín informativo. Suscrición ó boletín mensual con noticias sobre eTwinning e enlace ó do último mes.
4. Publicacións. Relación de publicacións sobre eTwinning e materiais de referencia (Glosario de termos, Guías, Cómo usar o TwinSpace).
5. Recanto da prensa. Permite acceder ás notas de prensa publicadas recientemente.
1.2. Últimas noticias: Aparecen as últimas noticias relacionadas con eTwinning. Se queres ler as anteriores, atoparalas no menú de noticias descrito no apartado 1.1.
1.3. Hoxe en eTwinnning: Éstas son as cifras de participación en eTwinning actualizadas. Se queres coñecer a información dalgún país en concreto, chega con que selecciones este país no buscador que hai na parte de abaixo. [1]
2. Ideas e experiencias
2.1 IDEAS: No menú despregable de IDEAS inclúense seccións de gran interese para o profesor que busque inspiración para iniciar ou completar un proxecto.
MÓDULOS: Actividades curtas que poden incorporarse a calquera proxecto. Organízanse por funcións básicas (saúdos iniciais, desenvolvemento da creatividade...). Ao igual que nos kits, dáse información sobre o nivel de dificultade, a idade posible dos alumnos e a duración da actividad.
GALERÍA: Mediante un buscador, localiza os mellores proxectos eTwinning, seleccionados para esta galería polos Servizos Nacionais de Apoio.
MATERIAS: Unhas breves orientacións sobre como introducir eTwinning na práctica docente das nosas áreas ou materias.
PARTICIPACIÓN DOS ALUMNOS: Ideas, suxerencias, para conseguir que os alumnos se impliquen nun proxecto eTwinning e saquen o maior proveito.
BLOG DOS PROFESORES: Enlace ao Blog europeo de eTwinning, con aportacións de profesores en distintas linguas europeas.
2.2. Desenvolvento profesional: No menú despregable de DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL inclúense seccións relacionadas coa interacción, reunións, asociacións, etc. de membros de eTwinning:
ENCONTROS DIDÁCTICOS: Dirixidos por un experto, son actividades de formación, encontros virtuais de curta duración onde se trata de maneira intensiva algún tema relacionado con eTwinning.
GRUPOS ETWINNING: Son asociacións de usuarios de eTwinning. Agrupados por unha temática común, poden compartir as súas experiencias.
FORMACIÓN: Permite acceder á base de datos Comenius-Grundtvig , cunha grande cantidade de actividades de formación.
2.3 Premios: Dúas galerías con proxectos que teñen recibido galardóns a nivel europeo, tanto Premios como Selos de Calidade.

2.4 O máis reciente: O membro máis novo de eTwinning e o proxecto aprobado máis novo, por se queres ver o último que está sucedendo en eTwinning.
3. Asesoramento e axuda
4. Busca de proxectos
5. Outras funcionalidades
- Versión para imprimir.
- Accesibilidade: Podes cambiar o tamaño de fonte segundo as túas necesidades.
- Buscador: Para atopar noticias e seccións no Portal que inclúan determinadas palabras.
- Idiomas: Cambia o idioma no que aparece a páxina. Por defecto, o sistema localiza desde onde se accede e redirixe automáticamente á versión do idioma correspondente.
- Acceso: Desde aquí accedes ao escritorio ou aos TwinSpace dos que sexas membro.
- Inscrición: Entrada a formulario de inscrición en eTwinning. Na próxima Unidade estudaremos cómo funciona.
- Enlaces institucionais: Enlaces a outras institucións e programas europeos.
Volver á Unidade 2



