Documentos 2.a: Portal do Servizo Nacional de Apoio
De eTwinning
Volver á Unidade 2
Servizo Nacional de Apoio: www.etwinning.es
O portal ofrece a calquera usuario, tal e como se sinalaba no anterior apartado Información e noticias, Ideas e experiencias, Asesoramento e axuda e Ferramentas de busca.
Índice |
Páxina de inicio
Está distribuída en 4 franxas horizontais. Analizaremos as funcionalidades de cada unha delas por separado. É importante que identifiques cada icona e imaxe coa acción e/ou o contido que leva asociados; deste xeito aforrarás tempo na busca de información e documentación e no acceso á plataforma de traballo, ó mesmo tempo que vas percibindo o grao de importancia de cada un deles.
Desglosamos en detalle cada unha das partes sinaladas.
Cabeceira.
Parte do portal que permanece inmutable ó longo de todas as seccións que o forman.
Na cabeceira, hai que fixarse na parte superior dereita, nas palabras Welcome, Benvingut, Ongi etorri, Benvido y Bienvenido, así como no recadro de fondo negro Enlaces rápidos.
- Idiomas. Versións do portal en todas as linguas cooficiais do estado, ademais de en inglés. Como o portal é moi recente e está en continua actualización, é posible que te atopes con textos, párrafos ou palabras sen traducir.
- Enlaces rápidos. Ó picar nesta icona ábrese un panel con fondo negro que dispón de tres carpetas amarelas:
De esquerda a dereita:
. Titorial eTwinning. O enlace lévanos ó curso de formación eTwinning 2.0, é de acceso libre para calquera usuario que o queira empregar.
. Escritorio eTwinning. Esta icona dá acceso á plataforma virtual eTwinning, ó Escritorio persoal. Na próxima unidade veremos cómo obter un nome de usuario e un contrasinal.
. Contacto. Enderezos de correo electrónico a disposición dos docentes para que se comuniquen tanto cos membros do SNA como cos representantes eTwinning en cada Comunidade Autónoma.
Ó facer clic sobre a imaxe,
aparecerán tres opcións:
1.- Asistencia e Información. Petición ó SNA de información xeral sobre o programa e consulta de dúbidas, así como comunicarlle calquera problema sobre o funcionamento da plataforma, o desenvolvemento dun proxecto, a busca de socios, etc.
Nota: O destinatario desta mensaxe é asistencia@etwinning.es
2.- eTwinning nas CCAA. Ó picar sobre o enlace que hai debaixo deste rótulo, aparece a lista dos representantes eTwinning en cada Comunidade Autónoma, enlazados co seu enderezo de correo electrónico para que te poidas poñer en contacto con eles e lles fagas as consultas que estimes pertinentes. Debes dirixirte a eles especialmente no caso de que esteas interesado no recoñecemento de créditos de formación para un proxecto eTwinning. Trataremos isto máis adiante.
3.- eTwinning na Rede. Podes seguir as últimas noticias publicadas no portal nacional a través de Twitter , Facebook
ou sindicarte con RSS
para estar ó corrente das novidades. Neste último caso, recibirás a información na tu Lector RSS (Lector de feeds).
O apartado contacto que acabamos de ver é o mesmo que aparece na franxa inferior.
Corpo central
É o núcleo do portal, o espazo que dá acceso e difusión de noticias, experiencias, artigos, proxectos destacados, perlas, concursos, ferramentas…e de forma puntual, outro tipo de información ou materiais de relevancia para todos os usuarios eTwinning.
• Pestanas. Na parte superior están ubicadas as catro pestanas, chamadas tamén seccións (Marcadores de acceso a bloques de contidos), que contén toda a información e os documentos relevantes para a participación e “disfrute” en eTwinning:
• Buscador. Á dereita das pestanas, está o buscador
Non se trata dun Buscador de Socios ou de Proxectos; fai unha busca no sitio web en relación á palabra clave que se introduce e o resultado é un listado de artigos nos que aparece dita palabra. Así, se escribimos colaboración,
dános o resultado:
No buscador podes poñer máis dunha palabra pero, en total, non máis de 20 caracteres (contando espazos en branco). Máis adiante nesta unidade, verás que hai artigos clasificados por etapa educativa, materias, etc., o que facilita a súa busca.
• Últimos artigos e noticias. Este módulo é especialmente dinámico e cambiante, así que é conveniente que o vexas regularmente; aquí publícanse as últimas noticias relacionadas con eTwinning (convocatoria do curso eTwinning 2.0, convocatorias de premios, concursos de actividades, campaña Volta ó Cole, etc.) e os últimos artigos escritos. Normalmente son visibles 4 noticias e/ou artigos. Para ver o contido completo dunha noticia ou dun artigo, fai clic sobre o título. Ademais, aparecerá outro tipo de información que comentaremos máis adiante.
En todos os módulos do portal, os artigos aparecen en orde cronolóxica inversa; vense os máis recentes.
Para poder ler noticias anteriores, chega con facer clic sobre o enlace Ver todas as noticias ou o título de categoría Últimos artigos e noticias.
- Últimos datos de participación de España en eTwinning: número de proxectos activos, número de centros escolares inscritos e número de profesores rexistrados na plataforma virtual.
- Proxecto do mes. Con periodicidade aproximada dun mes, publícanse aquí proxectos que destacan pola súa calidade, ben na súa exposición inicial, a metodoloxía aplicada, os seus produtos finais ou por algunha actividade concreta.
Ademais destes módulos fixos, pode aparecer outro tipo de información.
Franxa inferior.
Hai dous grupos de iconas cuxo contido é moi diferente. De esquerda a dereita, observamos:
1. Boletín eTwinning. Se te subscribes a este boletín mensual, recibirás no teu correo electrónico información sobre cursos, campañas, proxectos e novidades sobre eTwinning. Non contén publicidade e cando o desexes, podes darte de baixa cun simple clic no botón Deixar de recibir o boletín.
2. Portal Europeo. Dá acceso ó portal do SCA e ó formulario de preinscrición na plataforma virtual.
Nota: Todo o proceso relacionado coa fase de inscrición/rexistro na plataforma virtual verase na unidade 3.
3. Guía eTwinning. Unha guía rápida con información básica sobre o programa eTwinning, qué é e qué ofrece. É moi útil para unha primeira aproximación.
4. Contacto. As funcións da cuarta icona correspóndese coas que xa se viron na Cabeceira (1.1)
Pé de páxina
Disposta en catro pestanas, ofrece o último comentario publicado por Twitter_SNA en Twitter, un listado dos últimos documentos publicados, un listado dos artigos máis lidos e dos que foron máis comentados, respectivamente.
La documentación de este apartado queda resumida en la siguiente animación: La documentación de esta unidad queda resumida en las siguiente animación:
Proxectos
Os módulos desta sección están relacionados con proxectos eTwinning con participación española xa iniciados, activos ou non. Amósanse proxectos destacados, proxectos premiados, os últimos proxectos inscritos na plataforma virtual... Ademais, esta páxina dispón dun Buscador de proxectos que filtra, entre outros campos, por materia, o que permite obter de maneira fácil e rápida unha relación de proxectos vinculados á materia que imparte un docente e que poden ser unha guía para a planificación dun novo proxecto.
Presentación
2.1 Vanse alternando 4 diapositivas asociadas a artigos sobre proxectos destacados, atractivos e con carácter innovador.
Módulos
- Escritorio eTwinning. Para profesores que xa están inscritos na plataforma virtual real. Acceso ó Escritorio persoal eTwinning. Introducindo aquí o nome de usuario e o contrasinal accédese ó Escritorio do profesor.
- Benvido a eTwinning: Esta icona leva directamente ó formulario de inscrición na plataforma virtual real. Aínda que desenvolveremos máis adiante este contido, os alumnos do curso dispón dunha plataforma de formación onde poden inscribirse e tanto os seus datos como as súas accións quedarán invisibles. Os datos poden ser ficticios. Porén, na plataforma real, verifícase que cada usuario inscrito sexa docente e que os datos facilitados sobre el e o seu centro escolar son reais.
- Proxectos destacados. Listado de traballos que sobresaen pola súa creatividade, innovación, a metodoloxía empregada, a colaboración entre os socios, a integración das TIC ou outras características.
- Premios eTwinning 2011. Relación de artigos sobre todos os Premios Nacionais eTwinning concedidos na edición 2011 así como aqueles concedidos na edición de 2010.. Trátase de artigos sobre o proxecto no que se resaltan os seus aspectos máis sobresalientes. A linguaxe utilizada na redacción do artigo pode ser literal ou figurada.
- Últimos proxectos rexistrados. Amosa unha ficha práctica dos últimos proxectos cun socio español inscrito (obxectivos, o proceso de traballo, os resultados esperados, a forma de comunicarse entre os socios...). Poden ser unha fonte de ideas para un futuro proxecto.
- Buscador de proxectos. (No resultado da busca só aparecerán proxectos con participación española). Se se coñece o título dun proxecto, o centro onde se desenvolve ou o docente que participa, chega con poñer en lugar de buscar....unha palabra que os identifique, e na parte da dereita da páxina aparece un listado con todos os proxectos que se axustan á información introducida. P.ex. para ver os proxectos que hai en centros escolares co nome La Laguna, escribimos Laguna, pulsamos INTRO e obtemos unha lista como a da imaxe.
Tamén se pode facer unha busca avanzada e filtrar con máis campos para que o resultado estea máis acorde cos intereses do usuario.
Ver en pantalla completa 'Web del SNA - Proyectos'
Ideas
Ó cambiar á sección Ideas, verás que non cambian a cabeceira, a franxa inferior nin o pé de páxina. Só cambia o corpo central.
Presentación.
3.1 Vanse alternando 4 diapositivas relacionadas cos bloques que aparecen nesta páxina.
Por debaixo, o corpo central, que á súa vez se divide en varios módulos. Nesta sección atoparás as ideas para o teu futuro proxecto de colaboración. Están publicados bloques temáticos destacables dun proxecto, actividades creativas e innovadoras, ideas que te axudarán a planificar o teu proxecto, entrevistas de profesores, artigos recomendados útiles para a túa participación en eTwinning...
Módulos
- Ferramentas TIC. Unha serie de artigos sobre ferramentas utilizadas polos profesores e os alumnos nos seus proxectos, algunhas consideracións metodolóxicas e pedagóxicas sobre o seu uso, e un breve titorial para o seu uso.
- Perlas. Tal e como indica o seu nome, trátase de comentarios sobre unha actividade ou un grupo pequeno de actividades dentro dun proxecto que destacan sobre as demais e que son adaptables a outros proxectos ou parte deles.
- Entrevistas. Opinións de profesores e alumnos participantes en eTwinning, recollidas nos seus propios centros, ou en congresos e encontros.
- Kits eTwinning. Son guías que explican paso a paso cómo levar á práctica con éxito proxectos eTwinning predefinidos.
- Recomendacións. Relación de artigos sobre diferentes temas que axudan a conseguir un proxecto de calidade (cómo implicar ós alumnos, porqué é aconsellable a participación da Dirección do centro escolar, a conveniencia de facer unha avaliación do proxecto, trucos para sacar partido ó TwinSpace, ...)
Ver en pantalla completa 'Web del SNA - Ideas'
Formación
Como no caso da páxina Ideas, o corpo central é diferente das dúas anteriores páxinas e está distribuído en módulos.
Presentación
4.1 Vanse alternando 4 diapositivas con información relacionada con Formación eTwinning: artigos co máis destacado sobre a participación e as ponencias presentadas en Xornadas, Seminarios e Congresos, así como os talleres impartidos.
Módulos
- Vídeotitoriais: listado de vídeos curtos con instrucións e indicacións sobre cómo rexistrarse en eTwinning, o Escritorio do profesor, a xestión do TwinSpace, os perfís e usuarios no TwinSpace e as ferramentas do Twinspace. As ferramentas de eTwinning son sinxelas, áxiles e atractivas e están dispoñibles nas unidades posteriores deste curso.
Nota: eTwinning está en continuo desenvolvemento e evolución, así que estas ferramentas irán cambiando, mellorando a súa funcionalidade e aumentando en número co tempo.
- Minititoriais. Documentos e plantillas importantes para o profesor que iniciou un proxecto; descrición paso a paso de diferentes procesos, documentos de seguimento do proxecto. Algúns son moi útiles para cando o proxecto rematou ou está na súa última fase.
- Práctico. Neste bloque de contidos están algúns dos documentos e/ou plantillas máis importantes para un profesor que xa iniciou un proxecto. Son de grande utilidade as plantillas elaboradas para facer o seguimento do mesmo.
- Preguntas frecuentes. Un repertorio das preguntas que con máis frecuencia formulan os profesores nos enderezos de correo de asistencia asistencia@etwinning.es. Aquí atoparás respostas rápidas e enlaces que che aclararán as dúbidas.
- Encontros didácticos: Os encontros didácticos son actividades de formación organizadas polo SCA para profesores xa rexistrados en eTwinning, de entre unha e dúas semanas de duración, e dirixidas por expertos nos respectivos campos. Realízanse en varios idiomas (castelán, francés, inglés, alemán), aínda que o abano de linguas irase abrindo paulatinamente). Na unidade 6 desenvolveremos este apartado. Participar nestes encontros é unha oportunidade para contactar con profesores con ideas afíns ás túas, con quen establecer contactos e ver a disposición para levar a cabo un proxecto. Neste módulo publícanse artigos sobre os diferentes encontros que tiveron lugar, nos que se destaca o máis importante de cada un así como os enlaces de interese.
- Talleres de desenvolvemento profesional. Os Talleres de desenvolvmento profesional están adicados a aqueles docentes que queiran aprender máis sobre eTwinning e desenvolver mellor as súas competencias na colaboración europea utilizando as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Reúnen a profesionais de distintos países de Europa para poñerse en contacto entre eles e compartir experiencias. Os talleres de interconexión e de busca de socios para os profesores europeos desenvólvense ó longo de todo o curso escolar.
Este módulo reúne os artigos redactados por asistentes a ditos talleres e neles recóllense as ideas máis destacadas, a experiencia adquirida, a repercusión na práctica docente, etc. Sen ningunha dúbida, o máis valorado polos participantes é a oportunidade de encontro real con outros profesores cos que iniciar contactos, intercambiar ideas para futuros proxectos e esbozar unha idea de proxecto. As sesións de toma de contacto facilitan enormemente a comunicación entre os futuros socios ó longo do proxecto.
- Últimas ponencias e cursos. Son moitos os docentes que asisten e participan en Xornadas, Congresos, Encontros e contan a súa experiencia en eTwinning. Neste bloque atoparás o máis destacado desta participación (vídeo, presentación, ferramentas novas, ...) e a súa repercusión pedagóxica na aula.
- Curso eTwinning. Enlace ós materiais do curso de formación en liña eTwinning 2.0.
- Axuda. Correspóndese coas funcións que xa vimos na Cabeceira-Contacto. Enderezos de correo electrónico a disposición dos docentes para que se comuniquen tanto cos membros do SNA como cos representantes eTwinning en cada Comunidade Autónoma.
Ver en pantalla completa 'Web del SNA - Formacion'
Importante para os visitantes do portal
Unha das novidades máis atractivas deste portal con respecto ó anterior é a oportunidade que ofrece de participar nos contidos publicados, de interactuar co Servizo Nacional de Apoio e os profesores. Pódense introducir comentarios ós artigos, o que enriquecerá moito a información dos mesmos, completará e puntualizará os contidos e xerará unha correspondencia fluída entre os participantes, ideas para o resto,…
Chega con que enchas os campos en branco que aparecen debaixo de
Escribir un comentario.
Introduce o teu nome e apelidos, o teu enderezo de correo electrónico, o texto, marca cunha X a casa inmediatamente inferior se queres recibir na túa caixa de correo electrónico os comentarios que se fagan a este artigo, indica o código de seguridade/validación (se non entendes o que che dá por defecto, pica en refrescar ata que apareza un que entendas correctamente) e finalmente pica en ENVIAR. O comentario o recibirao o Servizo Nacional de Apoio e unha vez revisado, publicarao. ¡Participa!
Cando accedas á páxina na que aparece o contido completo dun artigo, na parte lateral dereita da mesma tamén aparecerán outros artigos relacionados con él, e/ou proxectos destacados, e/ou perlas, así como a lista dos artigos restantes dese módulo.
Lembra que hai documentación á que se pode acceder desde máis dunha icona/imaxe e desde diferentes seccións do portal.


