Documentos 1.c: eTwinning en Comenius
De eTwinning
Volver á Unidade 1
eTwinning no programa Comenius
Aunque eTwinning comenzó siendo parte del programa eLearning, actualmente está integrado en el Programa Comenius como una medida de acompañamiento; es la acción 10 [COM10]. En este sentido, comparte sus principales objetivos con el resto del Programa.
É conveniente coñecer os organismos responsables de cada unha das accións así como os aspectos diferenciadores de eTwinning con respecto ás outras accións Comenius. As accións descentralizadas (incluíndo as asociacións) coordínanse desde as respectivas axencias nacionais. No caso de España, a institución encargada é o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, OAPEE (www.oapee.es). Non obstante, eTwinning é unha acción centralizada, coordinada a nivel europeo polo Servizo Central de Apoio (www.etwinning.net) e a nivel nacional polo(/os respectivos) Servizo(s) Nacional(is) de Apoio, que, no caso español, está integrado no Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE, www.ite.educacion.es). A páxina web do SNA español é www.etwinning.es
Existen máis aspectos diferenciadores en eTwinning con respecto a outras accións Comenius. Precisamente son estes os que permiten unha serie variada de interaccións que complementan e enriquecen os proxectos, sobre todo nas relacións entre eTwinning e as asociacións Comenius. Vexamos a continuación, de forma esquemática, algúns deles.
| Asociacións Comenius | eTwinning | |
| Organismo responsable | OAPEE (www.oapee.es)
| SNA (www.etwinning.es)
|
| Foco | Dimensión europea
Concienciación cultural Mobilidade e cooperación entre centros
| Dimensión europea
Concienciación cultural, Competencia dixital, Traballo en colaboración a través das TIC
|
| Apoio | Financiación para os proxectos aprobados
Información e apoio por parte da OAPEE
| Información, asesoramento, formación do profesorado, ofrecido polo SCA e os SNA
Visibilidade (Premios, Selos, galerías…)
|
| Socios | Dous socios para asociacións bilaterais; cando menos 3 para multilaterais
| Dous socios fundadores, de nacionalidades diferentes, e un número ilimitado de socios anexados
|
| Avaliación | Avaliación previa para someter o proxecto ao proceso de aprobación | Sen avaliación previa. A aprobación dos proxectos depende únicamente da comprobación e validación dos datos e de que os obxectivos e contidos teñan cabida na práctica docente.
Os proxectos son avaliados únicamente se o profesor decide optar a un Selo de Calidade ou a un Premio Nacional ou Europeo. Avaliación por parte das autoridades educativas das CCAA no caso de solicitude de creditos de formación ou innovación. Outro tipo de avaliación…para intervir en foros,ponencias, xornadas, etc…
|
| Burocracia | Memoria pedagóxica, memoria económica | Sen burocracia. Todo o proceso se leva a cabo mediante formularios on-line, sinxelos e breves.
|
| Recoñecemento | Créditos de formación, establecidos no B.O.E. | Segundo cada Comunidade Autónoma
|
Como sinalábamos arriba, estas diferenzas non pon a eTwinning en competencia coas asociacións Comenius, senón que posibilitan establecer sinerxías variadas entre ambas accións. Comentemos algunhas delas.
1. Ningunha
Aínda que pareza fóra de lugar, non podemos deixar de comentar esta posibilidade. Tanto as asociacións Comenius como eTwinning son accións con entidade propia, que permiten desenvolver proxectos completos e de calidade por si mesmas. Non se necesitan mutuamente, aínda que as vantaxes de usalas de forma complementaria son considerables.
2. eTwinning como introdución aos proxectos europeos
Ás veces, iniciarse nos proxectos europeos pode resultar difícil. Poden surxir dúbidas sobre a capacidade de comunicación cos socios, a forma de enfocar un proxecto, os obxectivos, como organizalo… Se ademais sumamos o esforzo burocrático inicial, algúns profesores poden decidir non participar nestes programas aínda que estean interesados neles.
eTwinning ofrece unha maneira sinxela de facelo. Non hai burocracia inicial, os proxectos apróbanse na práctica totalidade, o asesoramento por parte do SNA é constante, sempre que o profesor o solicite, e non hai que entregar documentos de ningún tipo en ningunha fase do proceso. Se un proxecto non funciona, os fundadores poden cerralo cando o crean conveniente.
Isto permite eliminar –ou, cando menos, atenuar- os obstáculos iniciais. O profesor pode así familiarizarse coa dinámica dos proxectos europeos nun programa cómodo e flexible. Ademais, a experiencia en eTwinning permite coñecer e traballar con socios e temas cos que posteriormente poden iniciarse outras accións Comenius.
3. eTwinning como complemento a unha asociación Comenius
As ferramentas de comunicación que ofrece eTwinning poden desempeñar un papel importante en calquera das fases do desenvolvemento dunha asociación Comenius. Antes de iniciar a asociación propiamente dita, eTwinning pode convertirse no espazo común onde profesores e alumnos discutan e decidan os aspectos relevantes dun proxecto: contido, obxectivos, resultados, planificación, ferramentas de comunicación, formas de avaliación/reflexión, difusión…
Durante o proxecto, resulta un medio perfecto para llevar a cabo actividades diversas, sobre todo se inclúen un compoñente TIC, para almacenar e compartir os documentos de traballo o para aproveitar o asesoramento e suxerencias do SNA.
Finalmente, unha vez concluída a asociación, eTwinning pode manterse como unha vía de prolongación do proxecto e de comunicación entre os socios, asegurando a sostenibilidade do mesmo.
4. eTwinning como alternativa
Sempre existe a posibilidade de que, tralo esforzo realizado na busca de socios e o deseño dun proxecto para unha asociación Comenius, éste non sexa aprobado. Esta circunstancia pode resultar, en principio, frustrante. Porén, no ten porqué ser así. Unha asociación Comenius denegada puede retomarse en eTwinning. O proxecto pode empezar a funcionar, a desenvolverse e perfeccionarse. Non se perde o contacto cos socios, ponse en práctica as ideas sobre as que se quere traballar -aínda que nun contexto distinto-, acumúlanse experiencia e resultados e, sobre todo, permite volver a solicitar a financiación en anos posteriores.
5. Buscador eTwinning para socios Comenius
Unha das ferramentas máis poderosas da plataforma eTwinning é o Buscador de Socios. Está dispoñible no Escritorio do profesor e permítelle buscar e examinar os perfís de posibles socios.
Co fin de facilitar a busca de socios para outros proxectos Comenius,é posible marcar no noso propio perfil a dispoñibilidade para participar nunha asociación Comenius e buscar a outros profesores que tamén estean dispoñibles.
Para saber máis:
Si quieres ver ejemplos de integración entre eTwinning y una asociación Comenius, puedes visitar los siguientes proyectos
Si quieres ver ejemplos de integración entre eTwinning y una asociación Comenius, puedes visitar los siguientes proyectos:
1.- How´s life over there? Y tú ¿Cómo vives?
Es destacable el trabajo colaborativo desarrollado entre los alumnos de los dos centros participantes en la actividad “Survival kits”, ya que es la metodología que la acción eTwinning promueve.
Etapa educativa: Educación Secundaria
Materia: Inglés
Enlaces:
2.- Art on the move (Premio Nacional eTwinning 2012)
Este proyecto es un muy buen ejemplo del uso de la expresión artística como herramienta para conocer otras culturas europeas. Los alumnos y profesores han estado constantemente en contacto a través del chat, de videoconferencias con Skype y del wiki para coordinarse y organizar el trabajo. La variedad de actividades ha permitido que el alumnado de cada centro trabaje individualmente, en pequeños grupos y también de manera colaborativa con sus socios europeos, utilizando el inglés como vehículo de la comunicación.
Etapa educativa: Educación Primaria
Materia: Interdisciplinar
Enlaces:
3.- ICT4U (Premio Nacional eTwinning 2012)
Los alumnos se convierten en profesores que enseñan en el uso de las nuevas tecnologías, creando un proyecto creativo e innovador. Además de haber generado una serie de interesantes tutoriales y guías sobre herramientas TIC, destaca también el uso correcto y original que se ha dado a las mismas en el proyecto.
Etapa educativa: Educación Secundaria
Materia: Interdisciplinar, TIC
Enlaces:
| Volver a la Unidad 1 | Siguiente: Documentos 1.d: ¿TIC o TICCC? |
