Documentos 1.a: ¿Que é eTwinning?
De eTwinning
Volver á Unidad 1
Unha tarde do outono de 1985, apareceu ante min Europa en forma de alumno de intercambio. Un compañeiro de clase presentábanos a un chaval inglés que viñera a vivir á súa casa e a estudar ao noso instituto durante un trimestre. Recordo que me pareceu un 'soño 'apaixoante e… inalcanzable. A miña familia non podía permitirse tal dispendio e desde logo, aínda que houbera tido posibilidade de bolsas, non me imaxinaba a un inglés na miña casa ceando noite si, noite tamén, tortilla de patacas. Pasaron máis de vinte anos daquilo e este outono, por fin, podo facer realidade aquel soño, en forma de proxecto Comenius. Agora que disfruto dun destino definitivo como mestre de educación física en Náquera, podo formularme obxectivos a medio e longo prazo e as posibilidades de participación en proxectos educativos conxuntos que ofrece a Comisión Europea con outros países da Unión supón unha oportunidade que non quero deixar escapar por máis tempo. O primeiro paso foi lanzar a proposta de participar nalgunha acción educativa da Comisión aos membros do claustro de mestres do meu centro. Despois de contar co seu apoio e aprobación, o segundo paso consistiu na inscrición no portal eTwinning. O terceiro paso, previa presentación da idea do proxecto, será a busca de socios. A continuación, crearemos o proxecto formalmente e por fin, se todo vai ben, porémolo en práctica a principios do curso 09/10. Aproveitei os días de vacacións de Nadal para facerme un regalo persoal: a inscrición en eTwinning. O regalo foi aínda máis grande do que pensaba cando empecei a recibir mensaxes doutros membros do portal. Recoñezo que me emocionei ao ver que xentes de sitios tan distintos como o Reino Unido, Rumania, Grecia ou Turquia consideraron atractiva a miña proposta de proxecto de Intercambio de Xogos e Deportes Tradicionais. Nuns días volverei ao colexio cun sorriso de orella a orella e porei ao corrente das novidades aos meus compañeiros de claustro. Comeza un novo ano onde os soños poden facerse realidade.
Juan Dols
CP "Emilio Lluch de Náquera" (Valencia, España)
(Publicado no blog eTwinning España)
Índice |
Que é eTwinning?
O proxecto eTwinning é unha iniciativa que fomenta o establecemento de irmandamentos escolares e o desenvolvemento de proxectos de colaboración a través de Internet entre dous ou máis centros de países europeos diferentes sobre calquera tema acordado polos participantes. Comezou no ano 2005 como unha parte fundamental do programa eLearning e dende 2007 está integrado no Programa de Aprendizaxe Permanente como medida de acompañamento de Comenius. Como tal, é unha acción descentralizada e, polo tanto, non necesariamente coordinada polas Axencias Nacionais do Programa de Aprendizaxe Permanente. O seu papel dentro desta acción analizarase noutro apartado desta unidade. eTwinning está organizado a nivel europeo polo Servizo Central de Apoio (SCA), con sede en Bruxelas (www.etwinning.net) e a nivel nacional está coordinado polos respectivos Servizos Nacionais de Apoio. En España, o Servizo Nacional de Apoio (SNA) está integrado no Instituto de Tecnoloxías Educativas do Ministerio de Educación en coordinación con todas as Comunidades Autónomas (www.etwinning.es). Dende o seu nacemento, eTwinning experimentou un crecemento constante. Nestes sete anos, eTwinning reuniu a máis de 149000 membros en toda Europa, involucrados en 4125 proxectos activos. En España hai máis de 7500 centros escolares rexistrados e 12300 profesores. O número de proxectos activos é de 1200. E estas cifras aumentan continuamente. Para ver o número de participantes actual, podes acudir ás páxinas web do Servizo Central, www.etwinning.net .
eTwinning vai dirixido a todos os niveis educativos anteriores á Universidade. Todas as áreas, materias e familias profesionais de Educación Infantil, Primaria e Secundaria teñen cabida en eTwinning. Os idiomas de traballo son aqueles que os socios desexen utilizar. Naturalmente, o español, cuxo uso medra día a día en Europa e así se reflicte nos proxectos eTwinning.
O número de países participantes tamén se viu incrementado ata 32. O último país en sumarse ó programa foi Suiza, en 2011. A lista completa é a seguinte:
| Alemaña | Austria | Bulgaria |
| Bélxica | Chipre | Croacia |
| Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia |
| España | Estonia | Finlandia |
| Francia | Grecia | Hungría |
| Irlanda | Islandia | Italia |
| Letonia | Lituania | Luxemburgo |
| Malta | Noruega | Países Baixos |
| Polonia | Portugal | Reino Unido |
| República Checa | Rumanía | Suecia |
| Suíza | Turquía | |
Que é un proxecto eTwinning?
Un proxecto eTwinning é un traballo de colaboración entre dous ou máis centros escolares europeos de países diferentes sobre un tema acordado previamente. A colaboración lévase a cabo a través dunha plataforma en Internet e do uso doutras ferramentas TIC. Aínda que dende o seu inicio houbo cambios e evolucións nas ferramentas eTwinning, a base para un proxecto segue sendo a mesma. Nas sucesivas unidades deste curso veremos con detalle todos estes aspectos, pero adiantemos aquí a información esencial que nos permita contextualizar o resto desta unidade. Dende que un profesor entra en contacto por primeira vez con eTwinning ata que conclúe un proxecto, vai completando unha serie de fases, con ferramentas e utilidades que teñen distintas funcións e niveis de privacidade. Ordenadas de menor a maior nivel de privacidade, son as seguintes:
- Portais: O primeiro contacto con eTwinning faise a través dos portais, tanto o español (www.etwinning.es) coma o europeo (www.etwinning.net). Ambos ofrecen ao usuario noticias, información de interese, ideas e apoio, todo de forma pública e dispoñible para calquera que acceda aos portais. Dende aquí accédese á seguinte fase.
- Rexistro: Os usuarios rexístranse en eTwinning, facilitando algúns datos persoais e dos seus centros de traballo. Introducen os seus datos, enchen un perfil e explican que ideas queren traballar nun proxecto. O acceso ao escritorio persoal, con nome de usuario e contrasinal, é inmediato, aínda que os Servizos Nacionais comproban a veracidade dos datos.
- Escritorio: É a plataforma onde contactar con outros profesores, compartir e discutir ideas, crear grupos e, finalmente, iniciar un proxecto. Conta con ferramentas como buscador de socios, foro, mensaxería interna, lista de contactos ou xestión do propio perfil. Unha vez rexistrado, o profesor pode participar nos Grupos eTwinning, os Encontros Didácticos ou crear unha Sala de Profesores, independientemente do inicio dun proxecto.
- Rexistro dun proxecto: Se atopaches a alguén con quen desexes traballar e acordastes conxuntamente como queredes facelo, é o momento de rexistrar o proxecto. Como ata agora, todo se fai a través do escritorio. A única condición indispensable para que un proxecto se aprobe é que o inicien dous profesores de dous países distintos. Estes profesores son os “socios fundadores”. Unha vez aprobado o proxecto, poden unirse a el máis profesores, sen límite de número e independientemente da nacionalidade (“socios anexados”). Non hai avaliación previa dos proxectos; polo xeral, son aprobados todos aqueles que cumpren a condición previa e que contemplan contidos e obxectivos aceptables na práctica docente. Antes de proceder a esta aprobación, o Servizo Nacional de Apoio, en colaboración coas Comunidades Autónomas, volve a verificar os datos para comprobar que son verdadeiros e que a comunidade escolar está ao corrente da existencia do proxecto.
- TwinSpace: Unha vez aprobado o proxecto polos dous Servizos Nacionais de Apoio dos países dos dous socios fundadores, xeran automáticamente dous espazos de traballo: o Diario de Proyecto e o TwinSpace. O primeiro é un blog no que os profesores socios poden deixar constancia das etapas e os detalles máis importantes no desenvolvemento do proxecto. O “TwinSpace” é unha plataforma de traballo en colaboración; un entorno seguro, ao que poden acceder e no que poden traballar os alumnos. A este espazo só teñen acceso aqueles participantes aos que os profesores deron permisos; outros profesores, alumnos, pais... Estes profesores teñen control absoluto sobre os permisos dos usuarios. Dispón de ferramentas de comunicación (correo, foro, Chat) e dun xestor de contidos para compartir documentos, fotografías, sons, etc. Todos estes contidos poden facerse públicos ou manterse privados.
Bases pedagóxicas de eTwinning
Debemos recordar que o programa eLearning, do que eTwinning era unha acción central, nace como unha necesidade no campo educativo para dar resposta á demanda da Unión Europea de formar aos seus cidadáns nas competencias básicas. Ditas competencias quedan establecidas como segue:
- Competencia en comunicación lingüística
- Competencia matemática
- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico
- Tratamento da información e competencia dixital
- Competencia para aprender a aprender
- Competencia social e cidadá
- Autonomía e iniciativa persoal
- Competencia cultural e artística
A partir de aquí, eTwinning estrutúrase arredor de tres eixes fundamentais estreitamente relacionados:
- Dimensión europea
- Uso das TIC
- Traballo en colaboración
Dimensión europea
eTwinning é unha comunidade formada por profesores e alumnos de 32 países europeos. Para os primeiros, supón un entorno no que coñecer a compañeiros doutras nacionalidades, compartir ideas, discutir sobre intereses comúns e elaborar proxectos conxuntos. Para os alumnos é unha oportunidade de abrir as portas da aula, entrar en contacto cunha realidade que, na maioría dos casos, non coñecen directamente. Ter a unha persona ao outro lado do ordenador que pertence a unha comunidade cultural e lingüística distinta e que, porén, comparte obxectivos comúns, obriga a usar estratexias de negociación que contemplen competencias lingüísticas e culturais.
Uso das TIC
Nunha sociedade na que as TIC se converteron nunha ferramenta de uso común en case todas as actividades, a aula segue sendo un dos entornos con menor nivel de implementación de ferramentas informáticas. Neste sentido, eTwinning proporciona un bo medio para integrar as TIC na práctica docente. Por un lado, está pensado para desenvolver contidos curriculares. Por outro, proporciona unha plataforma e ferramentas virtuais seguras e de fácil uso, cun equipo de apoio que asesora aos profesores que o soliciten. A flexibilidade no tipo de proxectos que poden facerse permite adaptarse aos medios dispoñibles, ao tipo de alumnado, ao nivel de acceso ao equipamento… É por tanto, un programa idóneo para desenvolver, entre outras, a competencia dixital.
Traballo en colaboración
Este é o aspecto fundamental nun proxecto eTwinning, ao que, de feito, adícaselle un capítulo específico máis adiante. As ferramentas de comunicación e o contacto con xente doutras culturas cobran un sentido pleno dentro dun contexto de colaboración. Adiantaremos que este concepto vai máis alá da coordinación. Nun bo proxecto eTwinning, a colaboración organízase en diferentes niveis: entre profesores, para acordar uns contidos, obxectivos e metodoloxías que satisfagan as aspiracións e necesidades de todos os participantes; entre alumnos e profesores, nos que ambos grupos aporten ideas e iniciativas, deseñen o proxecto de forma conxunta e o avalíen; entre alumnos, tanto no mesmo centro como entre os centros irmandados. Neste último caso, non se trata simplemente de realizar actividades equivalentes e despois compartir os resultados. Para que exista unha verdadeira colaboración,os alumnos deben traballar conxuntamente para producir uns resultados que reflexen as aportacións de todos. Desa forma, prodúcese un verdadeiro contacto e negociación intercultural e un uso significativo das posibilidades de interacción das ferramentas TIC.
Características e tipos de proxectos
Dúas das características máis valoradas de eTwinning son a ausencia de requisitos burocráticos e a flexibilidade. Todos os documentos administrativos que deben encherse en eTwinning fanse en liña e limítanse ao rexistro como usuario e á posterior inscrición do proxecto. O Servizo Nacional de Apoio e as Comunidades Autónomas comproban e validan os datos, pero este proceso permanece invisible para os profesores. A partir de aquí, non hai máis formularios que encher obrigatoriamente, nin de xustificación de gastos, nin memorias. Tan só se o profesor quere obter algún tipo de recoñecemento, será necesario cumprimentar a documentación correspondente. Falaremos máis adiante de ditos recoñecementos e de como acadalos. eTwinning non está suxeito a convocatorias nin prazos. Isto confire ao programa unha gran flexibilidade. En efecto, un proxecto eTwinning pode iniciarse en calquera momento do ano, e coa duración que os profesores estimen. O plan inicial tamén é revisable. Segundo a marcha do proxecto, os profesores poden decidir cerralo antes do previsto ou prolongalo no tempo, aceptar novos socios, etc. En definitiva, se un proxecto non funciona como se pensaba e non se atopa a maneira de reconducilo, non hai máis que cerralo e comezar un novo.
En canto aos tipos de proxectos, a flexibilidade da que falamos permite un amplo abano de posibilidades, tanto nas materias e áreas traballadas como nas persoas participantes. Todos son perfectamente aceptables en eTwinning e en todos os casos hai exemplos de bos resultados. Así, podemos atopar proxectos nos que está implicada unha soa área ou materia, varias, todo o currículo, temas transversais, ou tamén outros aspectos da vida escolar, como organización de bibliotecas, organización de centros,… Os perfís dos participantes tamén son variados. Entre outras combinacións, temos:
- Profesores e grupos de alumnos: É o tipo de proxecto máis común en eTwinning. Dous profesores de centros distintos ponse dacordo para desenvolver de forma conxunta determinados aspectos do currículo. Dentro deste tipo, atopamos tamén proxectos con contido interdisciplinar, que implica a varios profesores de diversas materias en cada centro, ou proxectos nos que traballan os profesores dun mesmo departamento, desenvolvendo contidos dunha materia ou disciplina en/con distintos grupos do mesmo centro.
- Grupos de profesores: Un grupo de profesores con intereses comúns (materias, disciplinas, proxectos europeos, temas transversais…) reúnense nun proxecto e comparten información, materiais, debates, etc. no espazo colaborativo común (TwinSpace). Estes proxectos poden chegar a ter unha participación bastante numerosa e son un bo punto de partida para iniciar outros proxectos eTwinning con alumnos.
- Equipos directivos, orientadores, responsables de bibliotecas: Os membros destes equipos poden atopar colegas europeos mediante o buscador de socios, e iniciar proxectos comúns que traballen os seus respectivos ámbitos de actuación. Os obxectivos e contidos poden ser moi variados: comparación de sistemas escolares, intercambio de boas prácticas, establecemento de accións e medidas en común ou crear un contexto do que podan surxir outros proxectos que impliquen a alumnos e profesores dos centros participantes.
Que ofrece eTwinning ós participantes?
eTwinning basease en dous servizos fundamentais: o asesoramento e a formación e o recoñecemento e visibilidade. Ambos ofrécense tanto dende o Servizo Nacional de Apoio como dende o Servizo Central e concrétanse en diferentes formas.
Asesoramento e formación
- Curso de Formación a Distancia: O Servizo Nacional de Apoio español convoca anualmente unha ou dúas edicións do curso de formación eTwinning 2.0, realizado e acreditado polo Instituto de Tecnoloxías Educativas, en colaboración coas Comunidades Autónomas. Por outra parte, os materiais do curso están a disposición de todos os interesados, aínda que non estean matriculados, no portal do SNA (http://www.etwinning.es). Para información sobre o curso, pode visitarse a páxina sinalada ou a de Formación do Profesorado no ITE (http://formacionprofesorado.educacion.es/index.php/es/materiales/materiales/51-etwinning-20 ).
- Encontros educativos eTwinning: Organizados polo Servizo Central de Apoio, son encontros virtuais, presididos por expertos nas materias correspondentes e cunha duración de entre unha e dúas semanas. Neles, os profesores coñécense, comparten material, debaten, crean e comentan.
- Información por correo electrónico ou teléfono: Pódese consultar calquera dúbida ó SNA mediante o enderezo de correo electrónico habilitado ó efecto: asistencia@etwinning.es. O apartado CONTACTO da páxina de Inicio do portal español eTwinning permite deixar unha mensaxe cunha consulta que será atendida por un membro do SNA. Ademais, poden facerse consultas ao teléfono 913778377. E se te fixas, no lateral esquerdo desta wiki tamén aparece o contacto co SNA.
- Kits: Tanto no portal español como no europeo publícanse ideas para realizar proxectos ou actividades. Teñen temáticas e características diversas e intentan servir de guía para os profesores. O nome que se lles dá é o de “Kits” ye "Módulos" (para actividades concretas que poden ser integradas en proxectos). No portal español, os módulos PROXECTOS e IDEAS ofrecen actividades sinxelas, proxectos destacados e proxectos gañadores de premios que poden servirche de modelo ou exemplo para un futuro proxecto.
- Chat: De forma periódica, o SNA organiza encontros en liña mediante Skype. Ditos encontros anúncianse con antelación na páxina web. Para participar, debe instalarse o programa (www.skype.es) e buscar e engadir o usuario Información eTwinning (info_etwinning).
- Diario de Proyecto: Trátase dun blog, que se presenta en orde cronolóxica inversa, no que os socios van anotando os aspectos máis importantes e os detalles máis relevantes do desenvolvemento do proxecto nas diferentes fases. As entradas ou posts dun socio poden ser comentadas polos outros socios ou por outros usuarios Ó rematar o proxecto, pode ser un documento de avaliación moi valioso. (Ver unidade 6, Documentación 6.d).
- Tarxetas de proxecto. Son unha ferramenta de comunicación directa entre un docente que ten un proxecto activo e o seu Servizo Nacional de Apoio. Son fáciles de usar e a través delas, o profesor pode expoñer ó SNA todas as dúbidas de carácter técnico e pedagóxico que teña acerca do seu proxecto; o SNA fai o seguimento das tarxetas, respóndeas e presta a axuda solicitada. Esta canle de comunicación só a poden usar os socios do proxecto e os seus respectivos SNA.
Recoñecemento e visibilidade
- Selo eTwinning: Cando un proxecto é aprobado e comeza a funcionar, recibe o Selo eTwinning. O Selo está en formato electrónico e pode descargarse dende o propio escritorio do profesor.
- Selo de Calidade Nacional: Os profesores poden solicitar aos seus Servizos Nacionais a concesión dun Selo de Calidade. Este outórgase aos proxectos que alcanzan un determinado nivel de calidade. Todo o proceso se fai desde o escritorio do usuario. Hai unha serie de criterios comúns para todos os países participantes, que son os que aparecen no formulario on-line. Para ver eses criterios e a concreción dos mesmos que fai o SNA español, vaia a Criterios de Sello de Calidad. Este documento tamén é unha guía útil para profesores que vaian comezar un novo proxecto.
- Selo de Calidade Europeo: Cando un proxecto recibe, cando menos, dous Selos de Calidade Nacional de dous países distintos, outórgaselle automáticamente o Selo de Calidade Europeo.
- Premios Nacionais: Anualmente o SNA español convoca os Premios Nacionais eTwinning. Os criterios son similares aos do Selo de Calidade, pero, neste caso, o número é limitado (normalmente premianse 10 proxectos). O premio habitual é a invitación aos profesores coordinadores á Conferencia Anual eTwinning, na que, entre outras actividades, se entregan os Premios Europeos.
- Premios Europeos: Premios Europeos: Tamén con periodicidade anual, o Servizo Central de Apoio convoca os Premios Europeos eTwinning. Convócanse tres categorías de idade (de 4 a 11 anos; de 12 a 15; de 16 a 19). Ademais, pode haber outras categorías especiais. Nas últimas convocatorias, outorgáronse premios a proxectos de Matemáticas e Ciencias, en Lingua Francesa e en Lingua castelá. Selecciónanse dous proxectos por categoría. O premio é a asistencia dos profesores e alumnos finalistas á Conferencia Anual eTwinning, invitados polo SCA. Para que un proxecto poida optar a estes premios é requisito indispensable que obtivese previamente un Selo de Calidade Europeo.
- Galerías: As galerías de proxectos cumpren funcións tanto de visibilidade como de asesoramento. Os servizos Central e Nacional recoñecen as boas prácticas expoñendo os proxectos en distintas galerías. Ao mesmo tempo, estes proxectos proponse como exemplo e inspiración para profesores en busca de ideas. Na páxina do Servizo Central exponse os proxectos seleccionados polos diferentes Servizos Nacionais, así como aqueles que obtiveron Premio ou Selo de Calidade Europeo. O Servizo Nacional de Apoio español ten varios módulos: “Proxecto do mes”, "Proxectos destacados", "Perlas", "Premios eTwinning", consellos sobre o uso de ferramentas TIC...
Que opinan os profesores?
Os gañadores dos premios europeos 2011 cóntannos a súa experiencia en eTwinning.
http://www.etwinning.es/es/ideas/entrevistas/463-conoce-a-los-ganadores-de-los-premios-europeos
Opinións de docentes que participaron no taller Multilateral eTwinning 2011: Colaboramos en español, cuxo obxectivo era fomentar a colaboración entre os países asistentes a través do desenvolvemento de proxectos eTwinning en español.
http://www.etwinning.es/es/ideas/entrevistas/487-entrevistas-multilateral
A profesora Mª Jesús Campos Fernández do IES Parque de Lisboa de Alcorcón presentou o seu proxecto eTwinning "European Cities Past and Present" nas xornadas Integración das TIC no Ensino II celebradas o pasado xuño no CRIF Las Acacias de Madrid.
eTwinning no programa da 2 de TVE La aventura del saber
| Volver a la Unidad 1 | Siguiente: Documentos 1.b: Aprendizaje en colaboración |


