Documentación 6.c. Alta de usuarios

De eTwinning

Volver á Unidade 6


Unha vez que se crea o Twinspace dun proxecto, só hai dous usuarios que poden acceder a el: o noso socio e nós.

Por tanto, o primeiro paso que convén facer é dar de alta a todo aquel profesorado e alumnado que vaia participar no proxecto.

No momento de dar de alta a cada usuario debemos decidir qué rol vai ter dentro de TwinSpace e, unha vez decidido, dalo de alta.

Nós, polo feito de ter fundado o proxecto, temos o rol de profesor administrador que ten todos os permisos posibles en TwinSpace.


Crear usuarios co papel de profesor ou visitante rexistrado

O proceso é o seguinte:

Na páxina principal do noso TwinSpace dirixímonos a invite teachers and visitors (invitar profesores e visitantes ou invitados). Que se atopa na ventá TwinSpace members na parte superior dereita.




Aparece unha ventá onde se nos pide os enderezos de correo do profesorado ó que imos invitar ó proxecto. Introducimos os enderezos de ata tres invitados e facemos clic no botón Enviar. Se fosen máis de tres, pódese facer clic no signo ""+"" que aparece sobre o botón Enviar e aparécennos máis cadros para escribir enderezos de correo. Neste exemplo, imos introducir dous enderezos de correo: a primeira, dun usuario xa rexistrado en eTwinning; a segunda, dun usuario non rexistrado en eTwinning.




• A continuación aparece unha ventá con información sobre os usuarios que imos invitar a TwinSpace. En primeiro lugar, aparece cada un dos enderezos de correo e, se o usuario está rexistrado en eTwinning, o seu nome e apelidos; se o usuario non está rexistrado en eTwinning, como é no caso 2, nome e apelidos teñen que ser introducidos por nós:




• As dúas seguintes columnas indican o nome de usuario e password para cada usuario. Se está xa inscrito en eTwinning, o usuario e contrasinal serán os que teña rexistrados(como sucede co primeiro usuario); senón está inscrito en eTwinning (como sucede co segundo usuario), nós inventaremos o nome de usuario e o contrasinal (por defecto aparecen inventados polo sistema, pero podémolos cambiar).



• A última columna serve para asignar o rol de cada usuario. Existen tres posibles roles: profesor administrado, profesor membro e invitado rexistrado. Lembramos que no apartado anterior se viu qué significaba cada rol.



• Ó facer clic no botón Enviar realiza a invitación, enviando un correo a cada un dos invitados. Volvemos á portada do TwinSpace e na parte superior dereita aparécenos unha ventá onde nos indica as invitacións realizadas correctamente e os posibles erros.


Ver en pantalla completa 'Invitar profesores e visitantes'


Creación de usuarios co rol de alumnado

Os pasos a seguir son similares ó caso do profesorado:

En primeiro lugar facemos clic no enlace Invite pupils, que se pode traducir como Invitar alumnos.





Aparécenos unha ventá onde debemos introducir o nome e apelidos do alumnado que terá acceso a TwinSpace. Facendo clic no signo + que aparece sobre o botón Enviar poderemos introducir máis nomes. Cando rematemos, facemos clic no botón Enviar.



A continuación aparécenos unha ventá para dar de alta os datos de cada alumno e alumna. En primeiro lugar aparecen os nomes e apelidos. A continuación aparece o nome de usuario e o contrasinal que terá para entrar en TwinSpace. E finalmente unha lista despregable que permite asignar a cada alumno o rol de Alumno administrador ou o de Alumno membro.




Unha vez que fagamos clic no botón Enviar volvemos á portada do TwinSpace, e indícasenos se os usuarios se deron de alta correctamente.

A diferenza da alta de usuarios co rol de profesor ou invitado rexistrado, non se envía ningún correo ós novos usuarios. En este caso, el sistema nos envía a nosotros el mensaje de correo electrónico, a la dirección de email que usamos al darnos de alta en eTwinning; en el mensaje van los nombres de usuario y las contraseñas que hemos dado de alta.





Lembra: os alumnos (membros do proxecto pero non socios), tal e como vimos no apartado Documentos 5.b: Acceso ó TwinSpace do proxecto, acceden ó TwinSpace a través do enlace http://new-twinspace.etwinning.net



Ver en pantalla completa 'Invitar alumnos' 


A partir de aquí, os contidos son opcionais para o curso de formación. Convén que os leas pero non son obxectos de exame ou avaliación.



Volver á Unidade 6 Siguiente: Documentación 6.d. Diario de Proxecto. Grupos eTwinning. Encontros didácticos
Ferramentas persoais
Contacto