Documentación 6.a. Outras seccións do Twinspace. Páxinas públicas e privadas no TwinSpace
De eTwinning
Volver á Unidade 6
Rematamos a Unidade 5 cun estudo en profundidade da sección Páxina de Actividades. Continuamos explorando outras seccións do Twinspace.
Índice |
Sala de Profesores
É a sección situada á dereita da pestana “Actividades do proxecto”.
Cada TwinSpace créase cunha área de uso restrinxido para os docentes, a Sala de profesores. É o lugar perfecto para que se comuniquen, planifiquen as tarefas do proxecto ou garden datos de xestión da aula, como avaliacións, cualificacións, etc. Só teñen acceso a ela os membros do TwinSpace que teñan un perfil de “profesor-administrador” ou de “profesor-membro”; nin os alumnos nin os perfís de visitante poden acceder.
Dispón da ferramenta foro, moi recomendable para que os profesores manteñan unha comunicación fluída e poidan debater en privado temas do seu interese.
Recanto dos alumnos
Os alumnos tamén teñen unha área "privada", similar á Sala de Profesores; seguindo o menú superior, á dereita da pestana “Sala de profesores”, atopamos a sección Recanto dos alumnos. Aquí os profesores non poden escribir ou modificar contidos, aínda que si poden velos. Neste espazo, os alumnos que sexan membros do TwinSpace poden presentarse ó resto de compañeiros do proxecto, ofrecer información sobre eles mesmos, participar en debates a través do foro e traballar no proxecto. É onde os alumnos poden interactuar entre eles e intercambiar material non necesariamente relacionado co seu proxecto escolar, enriquecendo así a súa vida persoal. Para facilitar estas actividades, o Recanto dos Alumnos dispón por defecto dun foro e unha Biblioteca de documentos, e pódense engadir máis ferramentas se se estima conveniente. Participar no Recanto dos Alumnos fomenta a autonomía e responsabilidade dos estudantes.
Para saber máis (a implicación dos alumnos)
IMPORTANTE: Para garantir a privacidade e seguridade dos profesores e os alumnos nos proxectos eTwinning, a “Sala de profesores” e o “Recanto dos alumnos” son espazos privados, é dicir, só os membros do TwinSpace con perfil de profesor ou de alumno poden ver estas seccións e acceder a elas. Ademais, estas seccións non se poden facer públicas como ocorre coas páxinas de actividades.
Chat
É a seguinte sección no menú principal. Se picamos nesta pestana, teremos acceso directo á ferramenta do chat, na que nós mesmos e os nosos alumnos poderemos conversar co resto de socios do proxecto.
O chat é unfa ferramenta que está en proceso de desenvolvemento e adaptación ó TwinSpace. Por este motivo, non todas as súas funcionalidades están operativas actualmente. Porén, poderemos participar no chat xeral e tamén teremos a posibilidade de realizar chats privados con outros participantes que estean conectados ó chat. Os elementos fundamentais do chat principal son:
- Chat xeral. Nesta ventá poderemos ver o fío de conversación no que participan todos os usuarios conectados ó chat nese momento.
- A ventá dos participantes. Nesta ventá amósase o listado de participantes no chat xeral.
- Comandos para editar a fonte. Aquí podemos elixir o tipo de letra, o tamaño e a cor. Tamén podemos seleccionar se queremos que a letra da nosa mensaxe apareza en negra ou cursiva.
- Cadro de texto. Aquí é onde escribimos a mensaxe que queremos compartir co resto de participantes.
- ENVIAR. Cando temos escrita a nosa mensaxe, debemos picar neste botón para que apareza na ventá principal do chat.
Poderemos iniciar tamén unha conversación privada cun participante no chat. Para facelo, debemos picar co botón dereito do rato no nome dun dos participantes na ventá “participantes”. Despois seleccionaremos a opción “Go prívate”. No menú superior apareceranos unha nova pestana que pertenecerá ó chat privado.
IMPORTANTE: Nos chats privados só poden participar dous usuarios.
Guía
Ó facer clic co rato nesta pestana, o sistema diríxese á páxina do Servizo Central de Apoio que contén a guía do TwinSpace; ésta pódeche axudar a sacar o máximo partido ó espazo de colaboración dos teus proxectos
Páxinas públicas e privadas no TwinSpace
Unha das características fundamentais da plataforma de traballo eTwinning é a privacidade e flexibilidade que ofrece ós docentes á hora de traballar en Internet con alumnos. Cando se traballa con menores nunha "aula online" formúlanse moitas dúbidas. En xeral quereremos facer públicos os contidos pero non os datos persoais dos alumnos nin quizais as súas fotos aínda que se desexen intercambiar cos socios do otro centro. Así mesmo, os docentes elaborarán documentos de traballo ou avaliacións que non teñen porqué estar dispoñibles para os alumnos aínda traballando no mesmo proxecto.
O contido do Twinspace pode facerse público na súa totalidade ou parcialmente, segundo a vontade dos responsables. Estes deben acordar cales son as páxinas de actividades que van publicar e cales van quedar ocultas.
Para publicar unha páxina de actividades completa, faremos clic na pestana Actividades do proxecto, de tal forma que poidamos Publicar/Ocultar cada actividade (páxina do TwinSpace) do proxecto. Por exemplo, poderíamos ter unha páxina privada (oculta) chamada Presentación na que os alumnos dos centros asociados compartan de xeito seguro as fotos, vídeos ou descricións que lles leve a coñecerse mellor ó comezo do proxecto.
Fai clic en Administrar páxinas e aparecerá esta ventá
Se se ve a palabra Publicar, é que está oculta.
Se estivera xa oculta e se quixese facer pública, chega con facer clic en Publicar.
Elementos públicos e privados dentro dunha mesma páxina do TwinSpace
Dentro dunha mesma páxina podemos ter actividades a compartir só cos socios (ocultas) e actividades públicas. Por exemplo, poderíamos facer privado un foro no que os alumnos discuten sobre a forma de organizar un blog sobre o seu entorno (detrás de bambalinas) e público ese blog no que se traballa a tarefa unha vez planificada.
Para seleccionar o estado dunha actividade, só hai que facer clic en Publicar ou Ocultar, tal e como se resalta na imaxe.
| Volver á Unidade 6 | Siguiente: Documentación 6.b. Perfís do profesorado e o alumnado. Perfil de visitante |



